A DERREDOBRE

A DERREDOBRE

(poema onírico)

Tiven un pesadelo terrible contigo:

soñei que eras de mármore branco

e que te desfacías en néboa escorregando polas rúas

para xogares comigo nas encrucilladas.

Soñei que te bicaba nos beizos tersos

e que te deixabas coma se estivera en ti

para íresme arrastrando polos vieiros pálidos

da túa luz de pantasma.

Soñei que estabas tola e me gustabas,

e coma escuma do mar e das fontes

me envolvías e levabas na túa lingua

deica unha estrela alá no lonxe perdida.

Soñei que ía ferido da túa imaxe

e sempre tras ela levitando e querendo,

collido da túa man e dos teus peitos

e cinguindo o teu van esvelto de alba.

Soñei que me levabas a melancolía

rubindo pola lumieira dun lóstrego,

e que contigo sempre inserido me perdía

atopándome ledo de estar en ningures.

Soñei que eras unha tremoia

e por iso seguinte sempre, sempre,

ata que te recolliches de novo

na realidade do mármore branco.

Entón foi cando espertei

e quedei perdido para sempre

no teu mar de brétemas.

-SERXIO LÓPEZ-CORONA MARTÍNEZ-

1 comentario:

Anónimo dijo...

Estupendo Sergio, enhorabuena
Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.