Morea de cousas que alguén atopará na fraga
Sol
Lume
Tixolas
Brétema
Donicelas
Máis lume
Un cruceiro
Unha anduriña
A palleta dunha gaita
O libro de San Cipriano
A fachada do Obradoiro
O meu poema feito anacos
As cirolas de alguén que tiña presa
Verbas atrapadas na tea dunha araña
Un paisano portando a cruz da Estadea
Dous piornos baleiros
A parabólica do meu veciño
Un can de palleiro que ouvea
Un transatlántico de alto "estanding"
O pau de oliva que non atopou ninguén
Unha ringleira de carballos e castiñeiros
e outra máis,
e outra,
e outra,
e outra...
-Manoel Xosé-
1 comentario:
Manoel, a nostalgía e a denuncia da frustración atopase nos teus poemas. Non teñas medo a espoñer o teu pensamento con toda a claridade. Os valentes soio morren una vez, os cobardes todos los días.Cenme
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"