CANTAREIRAS

Sodes ledas e fermosas,
agasallades moita alegría,
tedes unas voces preciosas
para cantar en romaría.

Mais, non berredes poemas
escritos con bágoas
que parecedes a burla
das súas tristes verbas.

Que non todo é cantar
que hai poesías sen rima
de baixo falar
e de alta vida.

Cantareiras amigas
no vós quero magoar
nin poñer espiñas
pero o voso cantar
ten outras saídas.

Rosa Martínez Méndez
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.