PANXOLIÑA: ¡A MARUXIÑA!

Maruxiña que te gardas
no quente do teu fogar,
ao rematar o traballo
nas veigas do teu coidar
ven con nos na ¡noite boa!
non te fagas de rogar
que esta noite nace o neno
e noite de troulear.

E trae da bodega un bo xerro de viño
un viño da terra, ribeiro, albariño
que náceo o neno, imos a brindar
mira Maruxiña, mira Maruxa.

E por a la por riba
¡Mira quen chega, mira quen chega!
Cantando a rianxeira,
mozos e mozas vellos e vellas
veñen todos cantando
con alegría, con alegría
e o neno que escoitaba
tamén sorria, tamén sorria.

Boliños de leite azucra e canela
ao compás das cunchas e pandeiretas
tocade para o neno que esta noite e festa
e xuntos cantemos esa rianxeira.

A Virxe de Guadalupe
vai cantando panxoliñas
imos todos galeguiños
cantemos con ela axiña.

Ondiñas veñen, ondiñas veñen e van
a Virxe de Guadalupe
para Belén bogando vai,
ondiñas veñen, ondiñas veñen
ondiñas veñen e van
non te vaias choqueiriña
canta con nos no Nadal.

Isaura Lago Álvarez
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.