POEMA A UXIO

Atopeite Uxío, porque te busquei,
o motivo foi que cando vivía
non te coñecía.
Cando lin os EIDOS, poeta do courel,
empapeime de túa poesía
e metinme na túa pel.
Con maxín véxote na xanela coa faciana
pegada a os vidros, vendo chover e nevar,
e o tempo así pasar, os tesos
cumes cubertos de neve a ollar,
e ouvir o lobo ouvear
métome na túa pel cando dis
as noites e os dias,
os dias e as noites.
Un xa non sabe cando foi onte,
e falas da túa galbana
que é a preguiza,
e eu aprendo os ricos matices
da nosa fala que ti matizas,
pasaches moita soidade
no teu natal Courel,
e tamén e moi fermoso
ollar tódolos dias as cumes,
os vales e os montes,
e a auga cristalina das fontes.
Métome na túa pel cando dis
estou só coma un lobo ouveando
cara a noite, e moi fermosa,
a túa poesía ten moito
sentimento,
lévoa sempre no pensamento.

Candela Fernández Mouriño
Grupo Poético Brétema.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.