HAI TANTA POESIA NA NOITE

¡Hai tanta poesía na noite,
estou vendo a sirio que está
a altura das Cíes moi grande
brillante e escintilante,
semella que se pode coller
coas mans de baixo que está,
pouco a pouco asolágase no mar,
o cadro e tan fermoso que
da fiestra non me podo afastar,
todo o firmamento e unha fermosura
 con estrelas planetas e lúa,
ollando o ceo de noite
e unha aventura,
cando non este neste mundo
de corpo presente,
quixera ser na primavera,
unha rosa recendente,
no verán auga na auga do río,
e que me leve a corrente,
no outono chuvia, sarabia e vento,
róceo nas follas que son bágoas do tempo,
no inverno raio, na treboada,
tempestade, tormenta na neve,
folerpa que queda en nada,
votando as cinzas o aire despois
de morrer, todo iso pode ser.

Candela Fernández Mouriño
                                               Grupo Poético Brétema                                               

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.