ONDAS, ONDIÑAS

Ondas, ondiñas que ondulando
veñen e van,
ondas que na súa carreira
brincan no mar,
ata chegar a praia e na area
desfiañar,
sentadiña nun penedo eu abraio
o velas chegar,
ondiñas que enfeitizan o escoitalas
cantaruxar.

Mar o mar só con dicir o teu nome
xa podo soñar,
mar alporizado, mar calmo,
mar tormentoso,
sinto un estrano tremor cando
me poño a ollar o grandioso e
fermoso mar e por el síntome vagar
e coido que son unha gaivota
e que podo voar.

Candela Fernández Mouriño

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.