CHORA O MONTE

Lóstregos, coellos e lebres,
raposos, donicelas e serpes,
¡fuxide!

Pombos, cucos e bubelas,
mouchos, curuxas e pegas,
¡voade!

Carballeiras e piñeiros,
Amieiros e toxales,
¡berrade!

Vides, xestas e carpazas,
herbiñas das flores brancas,
¡chorade!

E vos, lóstregos do ceo...
¡matade!
matade a tódalas xentes
que están facendo o inferno
... das árbores.

Alonso Rodríguez Galego

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.