BENVIDA PRIMAVERA

Benvida primavera
que a nosa alma entenrece,
es celmosa coas árbores
que estando espidas florecen.
Benvida sexas, sempre puntual
a túa cita, cargadiña de flores,
que a todos nos enfeitiza,
as súas fermosas cores.
Reloucan de ledicia os paxariños
que retornan a follaxe a facer os niños,
que fermosos están os froiteiros en flor,
e as belidas bolboretas danlle
unha nota de cor,
ao estalar as rosas ulimos o seu
arume no aire,
que afloran con agarimo e donaire,
o campo reverdece, e medran
pequenas margaridas
que entre a herba crecen,
e tempo de namoros e paixóns
do poeta, que ten o corazón
sensible a toda beleza
todo é unha quimera,
benvida sexas primavera

Candela Fernández Mouriño
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.