A RAIA

Chegou unha a Portonovo
cando era a festa da raia
e o moi desvergoñado
vai e pide unha “rayita”
Vaite de aí de contado
que esta é a festa da raia,
da que se pesca na ría
e se toma en caldeirada
sabendo ben con allada,
non se inspira, que se come
e senta de marabilla,
hai que ver como arresende
e só vela da gloria.
A raia, de calquera forma
sabe ben e senta ben
en calquera outro día
e en Portonovo tamén.
Bebamos, comamos raia
con albariño a reo
mais sen pasarse da raia,
pero si con moito caldo
dos que abundan en Galicia,
sempre é un bo acompañamento,
pero que non falte a raia.

Mariano Marcos de Abalo

Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.