POEMA AO MEU PAI

Camiñando co meu pai,
cando el se parou nunha curva,
e despois dun pequeno silencio
preguntoume:
“Ademais do cantar dos paxaros
escoitas algunha cousa máis?”
Agucei os oídos e despois respondinlle:
“Estou escoitando o ruído
dunha carreta”.
“Iso e –diso meu pai –e unha carreta valeira
Eu lle preguntei:
“Coma sabes que e unha carreta valeira
Se aínda non a vimos...”
Entón meu pai me dixo:
“E moi fácil de saber,
cando unha carreta vai valeira 
por causa do ruído,
canto mais valeira vai,
a carreta máis ruído fai”
Convertinme nun adulto
ata hoxe cando escoito a unha
persoa falando de mais,
interrompendo a conversa de todos,
sendo inoportuna, presumindo
do que ten sentíndose prepotente
e mirando por enriba do ombreiro
a xente, teño a impresión de escoitar  
a voz do meu pai dicíndome:
“Canto mais valeira vaia a carreta,
máis e o ruído que fai”
Ha humildade consiste
 en calar as nosas virtudes,
e permitindo aos demais descubrilas,
e recordan que existen persoas
tan pobres que o único
que teñen e diñeiro.
sexamos choiva serea e mansa
que chega profundamente
as raíces en silencio,
e nutrindo.

Victoria Álvarez Fidalgo
Grupo Poético Brétema

No hay comentarios:

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.