Pero segue habendo luz ó final do túnel


Pero segue habendo luz ó final do túnel

Estámonos enterrando pero o peso da terra enriba nosa aínda nos permite saír,
estámonos soltando pero a man que nos suxeita segue a intentar resistir,
estámonos matando pero a morte que nos ten que levar séguese negando a vir,
estámonos condenando pero o xuíz que nos xulga non se acaba de decidir.
Só nos quedan dúas saídas, dúas opcións;
a que nos levará a morrer ós seis mil millóns,
ou a outra porta, a porta das solucións,
que nos abrirá un novo mundo en condicións.
Toma un camiño, cambia,
esixe un cambio, loita,
loita contra o impoñido,
impón, un fin con sentido.
Formemos unha coalición contra sumisión,
pelexemos contra o maldito conformismo,
deixemos a hipocresía e o pasotismo,
poñamos a máquina do cambio en modo on.
Reciclemos, plantemos árbores,
“residuos do mundo no que vives”,
loitemos polo sol que nos veu nacer
e pola lúa que nos verá morrer.
Busquemos a disolución desta economía de secta,
achemos a solución ó problema que nos afecta,
implantemos medidas para a plaga que nos infecta,
paliemos os excedentes desta “sociedade perfecta”.
Vexo luz pero non a dou acadado,
non a dou agarrado, non a dou tocado,
seguimos alonxándonos a cada intre,
seguimos quedos aínda que a luz nos fite.
118
O final vaise desvanecendo entre as tebras,
a resposta pérdese entre as miles e miles de hebras,
entre as hebras dos cabelos de Saturno,
que mata ós seus fillos devorandoa cada un no seu turno.
Cada día que non actuamos é un ano que sufriremos,
cada noite que durmimos é un ano que padeceremos,
cada mañá que descansamos é un ano de eslavitude,
cada tarde que xogamos é un ano de vicisitudes.
O río desemboca nun delta formando dúas canles.
Cal das dúas canles será a que leve máis auga?
Non o sei pero será a que o faga a que gañe,
para ben ou para mal será a que nos salve ou nos condene
E ti...

Decide!

Bran Barral

Santiago de Compostela
(A Coruña)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Estoy de acuerdo con tu inconformismo, pero es solamente un pataleo, recuerda lo que dijo William Pit:"La acción habla más alto que las palabras" Tendemos a hablar más de lo que actuamos. "Porque es increible lo que podemos hacer si estamos siempre haciendo" (Thomas Jefferson)aludos, Miguel

Anónimo dijo...

Estimado Bran Barral: Tu extenso poema ya lo dice
todo, pero el pasotismo es algo que nos impide avanzar en la vida, así nos va, la mayoría de las cosas no nos aportan beneficios directos pero en
la colectividad benefician a todos, por que vamos en el mismo barco.
Cordialmente te saluda tu incondicional amigo,
Félix Loira.

Anónimo dijo...

Bran : La luz y la sombra , lo " activo y lo pasivo " que reflejas en el camino que marca tu poema . La acción necesaria y esperanzadora que manifiesta la naturaleza y que la afirmación de la frase de Miguel " LA ACCIÓN HABLA MÁS ALTO QUE LAS PALABRAS " Llamados a construir . ¡ Adelante ! y a encontrar la luz que brilla , el sol también en la noche tiene su resplandor , algunas veces hay muchas y densas nubes que desaparecen , Mi afecto María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.