Farto
De tanto andar
sen rumbo,
perdín o meu
camiño,
de novo me atopo
neste mundo
como cheguei a
el, espidiño.
Co cariño dos
que me queren ás costas,
coa dor de que
tantos lonxe están,
e pase o que
pase que te apostas,
a que as augas ó
seu cauce voltarán?
E mírame ós
ollos e dime que che contan,
porque so pena
transmiten súas bágoas ó caer,
boto de menos as
sombras que me arroupan,
nadas do solpor
co atardecer.
E quen son eu
sen meu contexto?
sen o meu ar e
meu arume?
sen ese carballo
e ese fento?
sen ese recendo
a lume?
Sen o son do
piar dos paxariños?
sen o correr da
auga limpa gorxa abaixo?
sen os pasos
paseniños
dun escarabello
roxo?
E extrano tanto
á xente,
tanto á vida
pausada,
tan mal
planificado o ambiente,
que me deu unha
patada.
E agora cos
dentes ensanguentados,
agardo a hora de
partir,
volverei cos
pulmóns reventados,
máis con gañas
de resistir.
Direi adeus a
este infernal lugar,
onde auga é
xofre líquido,
onde o mar,
arde sen outro
cometido.
Onde o ar,
está abafado
polo fume emitido,
onde chorar,
síntoma de que
estás perdido.
Fuxirei deste
enclave en canto poida,
en canto o
contexto actual mo permita,
en canto remate
a loita,
entre traballo,
lecer e vida.
Bran Barral
Santiago de
Compostela
(A Coruña)
3 comentarios:
Amigo Bral, abrá que decir ¿valdrá la pena prepararse para un dudoso mañana, preocuparse por un futuro incierto o vivir sin preocupaciones dejar pasar sin molestarse el tiempo? Saludos, Ceneme
Hola Bran Barral: Lo cierto es que uno se cansa de tanta majadería, pero ya nos estamos acostumbrando a callar y aguantar, pero el dia que nos cansemos esto se desbordará, por puro egoismo algunos se pudren de dinero mientra otros no tienen que llevarse a la boca. es una injusicia, cualquier día nos echarán a patadas
de Europa.
Cordial y atentamente te saluda, Félix Loira
Bran : " Harto " y de nuevo hambriento . " sediento" "saturado " y de nuevo ...Cada situación da paso a otra nueva " hasta que se acabe la lucha " porque " esta vida es un camino para otra que es morada sin pesar ,mas cumple tener buen tino para andar esta jornada sin errar"...Alguién escribió . YO y " mi tino " nos movemos . Con mi cariño María
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"