Farto



Farto

De tanto andar sen rumbo,
perdín o meu camiño,
de novo me atopo neste mundo
como cheguei a el, espidiño.

Co cariño dos que me queren ás costas,
coa dor de que tantos lonxe están,
e pase o que pase que te apostas,
a que as augas ó seu cauce voltarán?

E mírame ós ollos e dime que che contan,
porque so pena transmiten súas bágoas ó caer,
boto de menos as sombras que me arroupan,
nadas do solpor co atardecer.

E quen son eu sen meu contexto?
sen o meu ar e meu arume?
sen ese carballo e ese fento?
sen ese recendo a lume?

Sen o son do piar dos paxariños?
sen o correr da auga limpa gorxa abaixo?
sen os pasos paseniños
dun escarabello roxo?

E extrano tanto á xente,
tanto á vida pausada,
tan mal planificado o ambiente,
que me deu unha patada.

E agora cos dentes ensanguentados,
agardo a hora de partir,
volverei cos pulmóns reventados,
máis con gañas de resistir.

Direi adeus a este infernal lugar,
onde auga é xofre líquido,
onde o mar,
arde sen outro cometido.

Onde o ar,
está abafado polo fume emitido,
onde chorar,
síntoma de que estás perdido.

Fuxirei deste enclave en canto poida,
en canto o contexto actual mo permita,
en canto remate a loita,
entre traballo, lecer e vida.

Bran Barral

Santiago de Compostela
(A Coruña)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Amigo Bral, abrá que decir ¿valdrá la pena prepararse para un dudoso mañana, preocuparse por un futuro incierto o vivir sin preocupaciones dejar pasar sin molestarse el tiempo? Saludos, Ceneme

Anónimo dijo...

Hola Bran Barral: Lo cierto es que uno se cansa de tanta majadería, pero ya nos estamos acostumbrando a callar y aguantar, pero el dia que nos cansemos esto se desbordará, por puro egoismo algunos se pudren de dinero mientra otros no tienen que llevarse a la boca. es una injusicia, cualquier día nos echarán a patadas
de Europa.
Cordial y atentamente te saluda, Félix Loira

Anónimo dijo...

Bran : " Harto " y de nuevo hambriento . " sediento" "saturado " y de nuevo ...Cada situación da paso a otra nueva " hasta que se acabe la lucha " porque " esta vida es un camino para otra que es morada sin pesar ,mas cumple tener buen tino para andar esta jornada sin errar"...Alguién escribió . YO y " mi tino " nos movemos . Con mi cariño María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.