Conto de reis


Conto de reis

A nena dos ollos grandes
mirou en fite a Melchor;
unha boneca pra nena,
dixo logo, o Rei Maior.
Bon Rei, non pedín xoguete,
dixo a nena sempre a ollalo,
quero algo máis sinxelo:
para meu pai un traballo.
Posto que perdeu o seu,
nesta crise desgrazada,
e aló está desesperado
a chorar na nosa casa.
O Rei quedou abraiado
e fixo logo a xestión
no Concello, e conseguíu
para o pai colocazón.
Seu pai foi recolocado
e cumpriu a súa misión,
posto que foi moi lembrado
na súa xubilazón.
A nena medrou a modo
na familia e na súa casa
e cando xa foi mociña,
foi unha grande avogada.
Os reises saberán moito,
sobre todo o gran Melchor,
pero vese neste conto
que sabe máis o amor.

Manolo de Rinlo
(Grupo Poético Brétema)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Esta realidad contada tan finamente hace que el artista sea un buen galleguista, humano y decente. Saldos, Ceneme

Anónimo dijo...

Amigo Manolo de Rinlo: Un conto poético de moi
boa calidade, por que lle gosta a os nenos e outros que non sontan nenos, coma un que se chama
Félix.
Un saudo cordial e atento dun amigo leal e sinceiro. Félix Loira.

Anónimo dijo...

Manolo . hermoso cuento poemado : ilusión, inocencia, magia y , si entiendo bien SABIO FINAL ( ¿ que sabe más el amor ? Todos los cuentos tienen una enseñanza ésta es sublime . Gracias con mi afecto María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.