A un canciño abandonado…
Vilamaior da Boullosa
en dirección a Baltar,
un canciño vou topar
nunha senda moi fermosa.
El vagaba moi soliño
buscando algo pra boca,
mais cando comigo topa
xa se ve máis contentiño.
Na rúa que vai pra o muíño
cando con el me parei,
a Sam non llo ensinei
por se hai celos co canciño.
-Andas soliño meu amigo
pois se queres ves connosco,-
mentres no Samurai rebusco
e algo para el consigo.
Unha lata de sardiñas
e un anaco de pan,
quédate con nós irmán
pra curarche esas manciñas.
O trampeiro que te tirou
seguro que é incendiario,
covarde e sanguinario
que non sabe ou que el perdeu.
Porque cando naceu
co espírito do mal,
todo pobre animal
moitos apoios perdeu.
Pero no mundo moderno
a xente é moito millor,
botamos fora ao traidor
e que Deus o mande ao inferno.
El todo fíxoo da nada
pois del todos somos fillos,
brancos, negros e amarelos
fauna terrestre e alada.
Mais dos ríos e dos mares
fixo a despensa da terra,
e neste tesouro encerra
comida para tódolos fogares.
Félix Loira
(Grupo Poético Brétema)
4 comentarios:
Preciosa poesia, en la que nos muestras como hay gente que deja a sus perros a su suerte, cuando ellos son animales fieles y cariñosos, tambien lo hacen con otros animales.................Nos tenemos que preguntar si esa gente pues no se les puede llamar personas,tienen alma. Saludos de Gloria Teiga Freijomil y Magali
Estimado Felix, tu poesía son relatos cortos de la vida misma. Son libros de 300 hojas en unos pocos versos. Lo breve y bueno dos veces bueno. Feicidades, con mi afecto. Ceneme
Que ternura reflejan esas estrofas, muchas veces los animales nos
dan mil lecciones a los racionales.Gracias por tu delicadeza.Un abrazo
Chicha.
Hola amigo Félix: Cuando me comentó el biólogo Oscar Ramos lo del perro del poema me emocioné,
así que se quedó a jugar contigo cuando le llamarle (socio). El poema es de calidad y de tu própio estilo, quién traiciona a un pobre animal
no merece llamarse humano.
Saludos cordiales de tu amiga incondiconal.
Angela de Villagarcía de Arosa
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"