2013, ou quizais
2014...Pero cedo, moi cedo
Vago entre mares
de cadáveres,
entre campos de miserias,
entre rúas baleiras,
e montes de cumes negras.
Nunha soidade
abrumadora,
que me nubra agora,
vivo nun perpetuo sono,
froito deste mono.
Entre mortos e
ruinas,
do que antes era sociedade,
e ningunha das vacinas,
vacinou á realidade.
Así o
capitalismo,
comeuse o rabo,
anarquismo ou comunismo?
outro camiño equivocado.
E non queda
nada,
agás lápidas e mortos,
e en cada barriada,
os días de sol máis curtos.
Sangue seca xa
nas rúas,
flue con esta choiva acida,
e as miñas mans núas,
non se asen a esta vida.
Ren queda aquí,
nada me deron,
nin para ti nin para min,
xa nos comeron.
E o seu apetito
non ten fin,
límite visible:mundo,
mais tan claro non o vin,
o límite está máis profundo.
Miro a ambos
lados,
destrución por doquer,
cúmulo de intrincados,
mans de póquer.
E non quedou nin
rastro,
do que foi o amor,
río abaixo nun canastro,
camiño do inferno abrasador.
E morreu a
amizade,
o interés propio papouna,
volvo á realidade,
caio ó asfalto desta zona.
Mataron á
compañía,
sangraron ó estado,
ninguén se lles opoñía,
falo dos do mercado.
Ofértannos coma
o que somos,
carne de canón,
e así morremos como nacemos,
factores de produción.
Tan so man de
obra,
e xa nin eso,
sobreexplotación de sobra,
caras da cor do xeso.
Nin os afanados
chineses,
soportaron este sistema,
morreches foses quen foses,
todo arde, todo se queima.
Bran Barral
(Santiago de
Compostela)