Poema de outono


Poema de outono

Chegaba cansada,
ansiosa de verte,
metia os meus pes
no teu recuncho quente.

O amor chispeaba,
de arrecendo embargaba
e a choiva de outono,
atrás se quedaba.

En tempos da escola
de Dona María,
na casa agardaba
a miña nai Palmira.

As castañas ceibadas
na cociña de ferro
e eu embriagada
polo seu arrecendo.

Coarenta anos ben longos
e volvo da escola,
agora sen Don
abonda con Rosa.

Cansada tamén
e ansiosa por verte,
estes versos escribo
no recuncho quente.

Cociña de leña,
que a súa man encende
e fasme sentir
que él ben me quere.

Rosa Mª Vázquez (Elisabeth)
(Grupo Poético Brétema)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Elisabeth, los recuerdos nostalgicos de la niñez adornan los sueños de tu madurez. Felicidades y felices fiestas. Ceneme

Anónimo dijo...

Rosa Mª : Tu poema refleja características del otoño en la naturaleza y en el vida, sus frutos y los anhelos del alma . Deseo que se cumplan con la confirmación de tus dos últimos versos . Grcias paz y bien con mi cariño María

Anónimo dijo...

Un placer leerte poeta.
Leonor

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.