Non era un
Portal,
nin podía selo,
de moito animal,
e no chán
esterco
Por teito táboas,
no chán terra
fría,
un boi unha vaca
un burro
habería.
Nin fiestras,
nin portas
que o acobexen
do frío,
as paredes
brosmas,
nin ferrollos nin
canciño.
Un lume que non
chega,
catro brasas, uns
tizóns,
de noite cando
neva
non chegan nin dous
calzóns.
Un apousento
real
para Deus, sendo
Neno,
chamábanlle
Portal,
non era nin Cortello.
Santiago
González Brañas
(Grupo Poético
Brétema)
8 comentarios:
Estimado amigo y maestro Santiago: Tu poema Panxoliña representa muy bién La Navidad, nadie
sabe con exatitud los animales que allí habia pero no importa, lo que vale es la Fé. Y todo el mundo sabe que fué algo extraordinario el nacimiento del Niño Jesus, principio de la era cristiana
Cordialmente te saluda tu agradecido alumno,
Félix Loira
Sr. Brañas, pra os probes nunca chega o lume, nin o abrigo pra afastar a fame e ofrío. Moitas gracias por acordarse deles. Felicidades, Ceneme
E aínda tivo sorte coller aqueles tempos, porque se ocurrise hoxe desafiuzábanos do cortello natal.
Moita saúde, xustiza gratis e paz.
Unha aperta.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez Aneiros
Santago : Tu poema recoge la presencia de cuantos ocupaban el portal y me hace ver cómo el Hijo de Dios, la divinidad se presenta en la pobreza,en el vacío, en lo abandonado en la oscuridad de la noche y transforma. No alcanzo a percibir algunos términos . Me agrada el poema y felicidades y LUZ PARA NUESTRA NOCHE. Gracias María
Congratulaciones en saludarte esperando la navidad. Como dice tu poema poco es lo que tenía. Y comodidades menos.
¿Será que ese niñito no quería incomodar a nadie?
Un abrazo Daniel
Me gusta tu portal Santiago, es sencillo e inspira amor. Felicidades, manuel carlos
Entrañable... un saludo Montse
SI QUE NACEU AO RENTE OU DENTRO DUNHA SECA CORTE ONDE O GANDO E OUTROS ANIMÁS QUE LLEDERON CALORIÑA AO NENO E A SÚA MAMÁ, SANTA MARÍA. O SALVADOR DAS NOSAS VIDAS. OS TESTIGOS MÁIS FIEIS DO NACIMENTO OU SITIO ONDE NACEU O REI DE REISES SON OS ANIMÁS QUE TALES NON DURMEN NIN ESTÁM NOS PORTAIS, SO NAS CORTES ONDE ESTERCAN OS ESTRUMES, E COMO SABES NAS CORTES ONDE HAIBA ANIMÁS FAI CALORIÑA POR TALES ANIMÁS.POIS LOGO OS ENTENDIDO SITÚANO NON PORTAL DE RICOS. BENDITO SEXA O NENO E A SÚA NAI E SAN XOSÉ E SEU PAI QUE ESTA MIRANDO TODO O QUE PASA NESTE CACHO DE TERRA.
GLORIA A DIOS QUE ESTÁ NAS ALTURAS E AOS HOMES DE BOA CONCENCIA.
FELIZ FESTA DO NENO E PARA O 2013 VEÑA MELLOSRADO.
FRANCISCO DE SOTAVENTO,DA TÚA CEDEIRA.
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"