Galicia dos meus recordos...


Galicia dos meus  recordos
Onde estás?
Só nos meus recordos?
Existes na realidade?
A miña Galicia de verdes terras
de rías que se abrazan á mar
con atardeceres para amar
vendo como o Sol
os seus raios de lume
os esparce pola mar
A mar afástame da miña terra
deixame noutro lugar
onde non hai verdes terras
onde non hai famlia
nin pote, nin lume nin lar
rías como as da miña terra
non as volvín a mirar
A pasado tanto tempo
teño medo a regresar
e non atopar a miña Galicia
nin familia, nin pote, nin lar
Espero que a choiva e o tempo
borren meus medos
e poida un día regresar
á miña terra galega
e nela descansar.

Manoel Carlos
Gran Canarias)

2 comentarios:

Anónimo dijo...

Amigo, Manuel, todos os que emigramos o fixemos co desexo de voltar. Sei o que sintes e anímote a intentar, pero non penses atopar o que deixache o marchar, pois os teus amigos tamen foron obrigados a emigrar. Unha forte apreta e felices festas. Ceneme

Anónimo dijo...

Amigo Manoel Carlos: Tu poema lo dice todo, pero gentes de corazón hay en todas partes, y Gran Canaria es también España. Yo tenia una amiga
en Fuerteventura, (Puerto del Rosario) era una
chica fabulosa y motera, tenía una moto (Franco Morini 1200).
Cordialmente te saluda tu leal e incondicional
amigo, Félix Loira.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.