Ata a próxima, so quero recordar que....


Ata a próxima, so quero recordar que....

De volta ó fogar,
máis deixando outro atrás,
deixo atrás meu novo lar,
vou ó vello de detrás.
E que fai dun fogar un fogar?
que ven a el xente que te quere,
e se quero quedar,
é porque teño quen non me fere.
Mais egoísta por parte miña,
negar a outros o que é deles,
ademais teño morriña,
da miña terra de ronseles.
E así estou tan dividido,
como parlamento catalán,
máis nacionalistas meu partido,
volve á casiña o Bran.
Botarei de menos Santiago,
as súas choivas,
as súas rúas molladas,
os seus mendigos da Alameda,
non o seu ruído nin o seu fume,
nin a súa grisura,
pero si o seu verde.
Mais nada en comparación coas persoas que aló deixo,
bos amigos que non verei máis ata o ano,
unha carallada é mais que facerlle?
Tan so dicir que os lembro,
que os levo aquí dentro,
que non os esquezo,
e que me levan con eles.
Que os botarei de menos,
mais máis lles desexo felices festas,
anhelo que disfruten delas,
o máximo que poidan.
Mais inxusto sería con quen,
coñecéndome de toda a vida,
non levasen versos de alguén,
que non é amigo de despedidas.
E así quero recordar,
a vello e novo amigo,
que me teñen á disposición de chamar,
veñan onde queiran comigo.
E se me avisan eu respondo,
non dubiden o que lles conto,
escoiteno aí no fondo,
os baixos baixo o alto.
Rematar citando,
a algúns dos máis especiais,
que fixeron de malos momentos destes meses,
escombros superficiais.

Ruth, Inés, Bego, Andrea Ledo, Uxía Meis, Luis Agra, Pancho, Gonzalo, Queko.
E ultimamente tamén retomei amizades non esquecidas pero que si abandonara un pouco, maís vexo que unha base sólida non se perde:Rebeca, Miriam, Adrián Padín, Javivi, Carlos Nogueira, Martín...

Grazas e moi boas festas, a vós e a todos os demais cos que sei que podo contar.

Bran Barral

Santiago de Compostela
(A Coruña)

1 comentario:

Anónimo dijo...

Un buen recuerdo para los amigos y una descripción de la nostalgia o morriña. Saludos non sei si te vas ou quedas, sexa o que sexa que che vaia moi ben.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.