O muíño da Acea*
Cando eu era novo
ía estudar
ó muíño da Acea
con outro rapaz.
Recordo a represa
e como de vagar
baixaban as augas
ata a beiramar.
Daquela había
troitas
no río Condomiñas
e meu tío Alberte
moitas recollía.
Pero o de máis
acción.
pescándoas todas,
coa man ou saltón,
sen dúbida era
Lito o campión.
En aquel encoro
tódolos cativos
tíñamos de balde
baños respectivos.
As autoridades,
que din
competentes,
a acea esqueceron
e están
compracentes.
Hoxe, que mágoa,
xa non
queda encoro,
e, cabo do rodicio,
ás veces eu choro.
*Acea: a) Muíño ó
pé dun río; b) Topónimo: Lugar da Xunqueira de Cedeira.
Xosé Antonio
Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
9 comentarios:
Eu tamén xoguei no muiño. Pero o que mais me gustaba era chegar ata el nunha lanchina de remos polo canal do río para non varar. E escoitar o canto do verderol nas ribeiras.
¡Ai! recordos, recordos
Santi Brañas
Recordos, memorias,
tardes preto da Ribeira;
tamén no río do Porto,
outra arteria de Cedeira.
Lugares inesquencibles, Santi, que nos retrotraen á nosa xuventude.
Gracias.
Cedeira
X. Antón Suárez de Aneiros
Amigo Xosé Antonio: Fafuloso tu poema al molino,
a mi me recuerda el principio de toda una infancia, sobre todo con mi tia abuela Manuela,
me llevaba con ella o todas partes incluido el molino. Con ella yo siempre estaba contento y feliz. Era mi Angel de la guarda, mi maestra y mi amiga. Gracias Xosé Antonio por escribir esas
maravillas literarias.
Recibe un cordial y afectuoso saludo. Félix Loira
Amigo Xosé Antonio, Moitas grazas por os recordos dos muiños e as troitas. Unha apreta, manuel carlos
Amigo Xosé Antonio, estou abrallado dos teus recordos, de cada recuncho da tua terra que levades no pensamento, tanto tí como o amigo Sotavento. Unha apreta. Ceneme
O muiño treina , treina e o gro faino treinalo.... recuerdos de niñez. que bonito recordar... saludos ,Montse
Xosé Antonio : No alcanzo a seguir ese discurrir del agua . Que tus sentimientos no queden remansados porque, como el agua corren , se abren camino , como tú expresas . Gracias con mi afecto María
Gusto en saludarte amigo.
Infancia: Infinito tesoro de recuedos. Daniel
Dóuvolas gracias a todos polas vosas palabras e por ter lido ese poema de recordos da miña xuventude.
Unha aperta.
Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"