Eu teño


Eu teño

Teño cartos
teño...teño
teño medo a perderos
cando gasto dos que teño
dóeme a ialma moi dentro
trato de recuperaros
rápido como o vento
Teño coches, casas, barcos
teño todo o que teño
fago festas, teño amigos
teño mulleres, teño sexo
teño cartos
teño...teño
teño medo...
á morte que vén,  correndo
intérpeloa...
Canto queres polo tempo?
Douche un tesouro!
Douche todo
do muito que eu teño!
Só quero a vida do teu corpo
o demaís déixocho
non chores maís polos cartos
acabouse teu tempo.

Marcha á morte susurrando
teño...teño
un baleiro
que non
cheo

Manoel Carlos

(Gran Canarias)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Sempre vale máis o ser que o ter.
Noraboa, Manoel Carlos.

Un saúdo

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

O mellor Manoel e non ter nada. ¿Podes perder aquilo que non tés? Cando me preguntan cantos anos teño, digo vinte que me faltan por vivir, porque os sesenta e nove gasteinos. Saludos, Ceneme

Anónimo dijo...

Tengo una certeza: La muerte. Con los pasos del tiempo y los dolores del cuerpo. No parece tan temible la muerte. Hasta a veces parece liberadora. Un abrazo Daniel

Anónimo dijo...

Manuel Carlos : Desde mi limitación percibo tu referencia al " tener " y todo lo que tenemos podemos "perderlo " Sólo nuestra identidad, nuestro ser permanece en nosotros . Hasta el espacio y el tiempo son pasajeros y tu final en el poema "la muerte se va susurrando " y, si entiendo bien tampoco el "tener le satisface. Gracias con m i afecto María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.