E así van as cousas...


E así van as cousas...

Vivo porque aínda ninguén me matou,
mais morto vago entre vivos,
un anaco importante de min finou,
co odio duns ollos cautivos.

Resultado, ego desfeito,
pesimismo desbordado,
mágoa enriba do peito,
pesar pesando e pesado.

Rubrica e estampa,
a morte o meu epitafio:
Aquí remata a trampa,
e vai o morto ó carafio.

Afundindo ando,
sen medo e sen receo,
mais penoso vou marchando,
paso en dirección oposta ó ceo.

Cara un fin que descoñezo,
sen protección algunha,
teño todo o que merezo,
ou apenas unha?

Desculparme quero mais non me deixan,
ai pobre de min,
cando dúas partes non se xuntan,
o conflito non ten fin.

E son eu quen ten de perder,
porque ela parece contenta,
eu a medio caer,
ela andando de festa.

E rabia sinto,
exasperación,
a zona precinto,
conteño a respiración.

Amanso os folgos,
e pecho as pálpebras,
porque nun deste fogos,
digo malditas palabras.

Agardarei impaciente,
día que espero chegue,
mentres serei paciente,
da loucura que se me apegue.

Bran Barral

Santiago de Compostela
(A Coruña)

4 comentarios:

Anónimo dijo...

Bran, pensao ben, si pudeche vivir sin ela vinte anos, podes vivir sin ela outros vinte ¿non che parece? Saudos, Ceneme

Anónimo dijo...

Amigo Bran: Este mundo está lleno de problemas porqué la mayoría de los mortales está formada por gente ruín, esto amigo es un valle de lárimas, hay si yo te contara, pero Dios conoce a cada uno, y para (El) siempre es presente es Santo Y Justo por eso no se le escapa nada. pero la vida terrenal es limitada.
Cordial y atentamente tu amigo, Félix Loira.

Anónimo dijo...

Debemos ter paciencia e deixar ó lado a xenreira e a desesperación. Igual que a crise,penso que todo se ha solucionar.
Gustoume o poema.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Bran, querido : Vamos a ser pacientes y la "locura " si se hace presente que sea como la del Quijote , caminar para alcanzar la belleza y el amor y si como Bran poema mejor. Gracias mi afecto María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.