Outono e Inverno.


Outono e Inverno.

Vexo a ría de Cedeira
á carón  de San Antonio.
Moitas flores de azafrán
e o ceo cor circonio.

A floriña do azafrán,
de febras atrompetadas,
no campeiro de Corveiro;
é unha especia estimada!.

Para condimentar guisos
e caldeiradas gustosas,
mesmo como afrodisíaco,
son plantas moi gorentosas.

Crocus sativus violeta,
as nais e bos cociñeiros,
canta devoción che teñen;
agóchante nos pucheiros!.

No castiñeiro o erizo,
no erizo está a castaña
que moita fame quitou
aquí e en terra extraña.

Landras dos vellos carballos,
caxigos e aciñeiras
dan fermoso colorido
xuntamente coas maceiras.

Cogumelos hai a treu
nos soutos e carballeiras,
os níscalos e boletos
nos pinares de Cedeira.

Coles, nabos e repolos,
ese verdor das nabizas,
a regalía das uvas,
saborosas mandarinas.

A Natureza é moi sabia
nestas coloridas datas
e cobre coma un mantel
as hortiñas de cabazas:

Tamén as follas no chan,
os erizos das castañas,
as envolturas das noces
pintan o cadro con maña.

Participan deste lenzo
o sen par acivro verde
de bagas avermelladas
e albas flores que del penden.

Das figueiras neste tempo
de pel verde ou morada
dependuran  migueliños
e ricos figos de malva.

As fabas e os feixóns,
maínzo de Ferrolterra
son productos apreciados
e boa sona que encerran!.

As variadas camelias
de colorido diverso,
pero sempre unha constante:
o porte da folla terso.

Diversas son as queirogas:
rosáceas e branquiñas;
e os múltiples crisantemos,
oriundos da gran China.

Cantos froitos e matices
nesta sen par harmonía;
son da terra agasallos
que dona policromía.

Non é tristeiro o outono,
non é unha mágoa o inverno
pois a Natureza adorna
de cores os froitos tenros.

Benaventurado inverno
que dorme no seu letargo
frío, húmedo e sen sol,
aínda que semelle amargo!.

Xosé Antonio Suárez Aneiros

Cedeira
(A Coruña)

9 comentarios:

Anónimo dijo...

Xosé Antonio, este si e un canto variado, a recollida dos froitos no outono e a cor tan xeitosa de este tempo.
E tempo de colleitar,
hai que recoller os froitos
ca nai terra quere dar,
e gardar para o inverno
cando a terra a descansar,
se recupera do esforzo,
que todos los anos fai,
pariendo das suas entrañas,
alimentos para mais.
Felicidades, Miguel Correa

Anónimo dijo...

Cantas verbas fainos sacar a natureza.... cantos sentidos despertan a ela.... ben plasmado todo . un saludo Montse Copa..

Anónimo dijo...

Amigo José Antonio: Un bonito poema en honor a
la madre de la vida, (La Naturaleza), su infalible y precisa sincronización mantiene la vida en todo el planeta, todo un Vivaldi de las letras.
Cordialmente te saluda tu leal e incondional amigo.
Félix Loira

Anónimo dijo...

Querido amigo Xosé Antonio, muchas gracias por hacernos participes de tus maravillosos conocimientos de la flora y de sus aplicaciones gastronomicas. Un abrazo, manuel carlos

Anónimo dijo...

PATACAS, MAINZO E BERZAS.
CAZULAS, CEREIXAS, PERAS.
ABRUÑOS, AMORAS NEGRAS.
CEBOLAS, NAS SÚAS RESTRAS
ALLOS,FABAS, XUDIAS FRESCAS-
NARANXAS CAREIXÓNS E FRESAS
TIGO,MAZÁS CEBADA E AVEAS.

UN POEMA QUE CANTA FROITOS DA TERRA

E ALGUNHA CALDEIRADIÑA
DE RAIA OU BERTORELLA
O BEN DE RODABALLO
BADEXO OU DE LIBERNA
TODO UN GUSTO DE ALIMENTOS
DA NOSA HORTA GALEGA.


GRACIAS ANTÓN POR RECORDALOS

UNHA AGARIMOSA APERTA.
FRANCISCO DE SOTAVENTO-CEDEIRA

Anónimo dijo...

Xosé Antonio : Creo que interpreto bien en tu amplio canto a la belleza floral del invierno en ese lugar porque yo creía que el azafrán florece en lugares de " meseta " Admirable considerar la variedd y b elleza de flores que, sin resistir al frío embellecen la tierra . Algunos nombres los identifico. Otros no . Felicidades por tu poema que valora la generosa ofrenda de la naturaleza . Gracias con mi afecto María

Anónimo dijo...

Á doce María, a Francisco de Sotavento (poeta do amor), ó namorado Manuel Carlos, ó amigo da Natureza Félix Loira, á lírica Montse e a Miguel, o namorado do mar, de calquera mar; moitas gracias a todos por ler este canto ós meses máis sombríos, pero que teñen o seu encanto.

Cedeira
Xosé Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Hasta que no me mudé a una casa yo no sabía cuanta flor hay en otoño y primavera. Tu poema haces una fiesta del color el verde, los rojizos, dorados y terracota del otoño y la infinidad de tonos de las flores.
Un abrazo.
Daniel

Anónimo dijo...

Gracias, Daniel.
Unha aperta.

Cedeira
Xosé An.Suárez

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.