Vida sinxela
Non envexo de quen ten
casas, tesouros e leiras;
o que arelo nesta vida:
ve-la terra sen fronteiras.
Ter unha vida tranquila
afastada deste mundo,
sen gabanzas, pois só quero
vivir ledo e xocundo.
Tres cousas hai no universo
que din dan felicidade:
saúde, cartos e amor,
pero eu digo e a bondade?
Se teño saúde e sorte,
xa teño demasiado,
tendo xa unha das dúas,
síntome pleno, abundado.
Ver medrar felgos e herba,
ver saír a luz do sol,
e ollar cando desperto
o sorriso dunha flor.
Nas noites mornas de luar,
contemplar o firmamento
e recordar ós meus pais,
pois están no pensamento.
Poñer nome a cada estrela,
ti a unha, eu a outra
bautizarémolas todas,
incluídas as máis outas.
A unha chamarémoslle,
por ser bermella, Antares,
outra por limpa Pulchérrima;
- e a aquela de alí?, Cantares.
A esta que está ó meu rente
como lle chamarei, nena?,
chamaraslle…chamaraslle,
que che parece, Azucena?
Azucena é moi bonito;
pro* cádrame máis Malvela,
pois rima co nome da dona,
da miña dona Sabela.
José Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
*pro: pero.
7 comentarios:
Este poema deita paz, concordia, sosego,desenvexa,naturalidade da nosa Natura,armonía estelar,agarimo miudiño que se fai chegar deica dentro de nós coma as brisiñas mornas e frescas que peina o mar. Felicidades meu Antón.
Sotavento de Cedeira
Precioso juego poético José Antonio,
y radiantes esas estrellas y ese lucero, alma gemela, de ese tu amor:
"... da miña dona Sabela."
Un beso. Pilar
Gracias Pilar e Xabier por eses fermosas palabras que adicades ó meu poema.
Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros
Os que teñen pouco, queren ter moito, os que teñen moito, queren ter máis.
Ninguén está conforme co que ten,son infelices. Que poucas veces na vida alzamos a cabaza e vemos o ceo, un espectáculo mmarabilloso. Grazas amigo Xosé Antonio por recordalo no teu belo poema. Un apreto manuel carlos
En efecto, xa o dicía unha vella cantiga, querido amigo: El que tiene un peso, quiere tener dos, el que tiene cinco,... recordas?
Pois ben, non é máis rico o que máis ten, senón o que menos necesita.
Gracias polas túas palabras.
Unha aperta
Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros.
Deus creou a Terra,
logo fixo Cedeira,
e sorrindo para el dixo:
vou quedar preto dela.
O mesmo pasame a min,
sempre estar nela quixera
Santi Brañas
...E cantar detrás dun toxo
preto da branca capela,
sorrindo, extasiado e vendo
as ondas da Madalena.
Cantas lembranzas!
Unha aperta, Santi.
Cedeira
J. Antón Suárez de Aneiros
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"