Sos...

Sos...

 

Os dous sos...
no medio do monte,
sos... cos nosos medos,
eu co meu medo
e o lobo
co medo do lobo

 

Sos...
eu, meus ollos
e o lobo
os ollos do demo
grises e vermellos
atravesando a noite.

 

Sos...
unha noite do inverno
fría e con vento, 
choiva, tronos e raios, 
todos ao mesmo tempo.

 

Sos...
mirada fría, asasina a do lobo,
a súa boca, negra coma o seu tobo,

escura coma a ialma do demo,

amosa os seus dentes
mentres  seus ruxidos
atravesaban a noite.

 

Sos...

Óense disparos

de lonxe,

entre as árbores,

cunhas negras nubes,
a  Lúa vístese de loito.

 

Ergue a testa o lobo,
venta cara a o ceo,

dá media volta e afástase.

 

Sos...
Os ollos grises e vermellos

i eu cos meus ollos

 

Sos...

no medio dos toxos,

cos nosos medos,

Sos...

 

Manuel Carlos

(Gran Canarias)




12 comentarios:

Anónimo dijo...

Non atopo palabras para ensalzar o teu poemas. Só ... so sei dicir "noraboa"
Santi Brañas

Anónimo dijo...

Amigo Manuel Carlos, os medos hai que deixalos detrás da porta e, nalgúns casos, enfrontarse a eles.
Cada vez mellor.

Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros.

Anónimo dijo...

Santi Brañas, moitas grazas polos teus ánimos.unha aperta. manuel carlos

Anónimo dijo...

Querido : Solo , pero resistente, fuerte, con tus ojos abiertos para ver otros ojos y desafiarlos, en medio de la noche . Solo con la fuerza que de ti fluye en la noche que da paso a la alborada.¿ Qué pueden encontrar esos ojos abiertos cuando la luz esté derramada? Gracias con mi cariño María

Anónimo dijo...

José Antonio, todos temos medos, medos propios é medos extraños. Como ti ven diches, hai que saber enfrontarse a elles, é o que nos marca. unha aperta. manuel carlos

Anónimo dijo...

Manuel Carlos, por outra banda, vale máis estar só que mal acompañado, pero se estás con ela, aínda que sexa no medio dos toxos estárás ben acompañado pois aquí non terás medo. ¿Vale? Unha aperta de Sotavento

Anónimo dijo...

Francisco de Sotavento, nos seus poemas adoita ser así,nos meus, adoita ser o demo disfrazado de muller, so ás veces, é unha muller.
Moitas grazas polo seu comentario.
manuel carlos

Anónimo dijo...

Meu amigo Manuel,se é o demo disfrazado de muller, ou tela que tourear cun moco, ou ben ceibarlle a corda e que se vaia polos montes que é onde ben paran. Dis ás veces. Eu tiña unha vaca i era moi boa de leite pero ás veces, arreábache cada patada que tiraba contigo, co leite e coa canada. Tanto na idea, no soño como na realidade, estes demos ou trasnos disfrazados de muller,merece a pena canto máis antes deixalos ceibos,pero
se lle queremos á vaquiña haberá que termar dela. No soño, na idea e na realidade para a felicidade dun. Unha aperta e non me trates de vostede. Os poetas aínda que non aparéxemos nas ideas, deberemos ser amigos e compañeiros.


.

Anónimo dijo...

Francisco de Sotaventos; Amigo meu, é para a miña honra que unha persoa como vostede, considéreme amigo e compañeiro, couxa que eu xa o consideraba antes.Debendose o tratamento de vostede de respeto ao mestre.
Sobre os seus consellos, tomo nota e no monte os solto. Moitas grazas do seu amigo e compañeiro. manuel carlos

Anónimo dijo...

Que fuerza me das María
con tus amables palabras
pasaré la noche y llegaré a mañana
te lo prometo María
lucharé por ver la luz del alba. manuel carlos

Anónimo dijo...

Hermoso poema inquietante y sugerente. Felicitaciones
Daniel Uriza

Anónimo dijo...

Daniel, agradezco tu comentario, captaste la intención y las sensaciones que pretendía dar con el poema. manuel carlos

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.