O que procura atopa

O que procura atopa

 

Algo me faltaba,

algo que non tiña

que me desvelaba,

algo que arelaba,

a gracia divina.

 

Subín ó outeiro.

baixei á chaeira

percorrín vieiros

mirei nos cruceiros

e non din con ela.

 

Procurei a Deus,…

non o atopei.

Pescudeime  a min,…

tampouco me vin.

Canso de buscar

neste gran  xardín

procurei ó afín

e atopei nel…

a Deus, a ti, e a min.

 

Para que Te vexa, Iahvé,

fixéche-lo mundo que vexo,

ouh,  meu Señor, meu Creador,

orixe do simple e o complexo.

 

José Antonio Suárez Aneiros

 

Cedeira

(A Coruña)

 




8 comentarios:

Anónimo dijo...

Anton, non lle des mais voltas, ti tes a sorte de estar onde se atopa todo o que outros buscan ¿Cedeira!
Santi Brañas

Anónimo dijo...

Santi está de broma,
pero este poema
ten molo e codia,
ten misterio
e por detrás del
ten unha coita
de atopar Aquel
que buscas
e no encontras.

Buscade e a toparedes,
dixo Deus moitas veces.

Noraboa meu Antón, cada vez es máis poeta.

Fco. de Sotasvento-Cedeira

Anónimo dijo...

Gracias Santi e Xabier polas vosas palabras.
Brañas, ben sei que tés querencia pola nosa terra, pois nela naceron algúns de teus irmáns e teus pais viviron nela moitos anos. Sabes que teu pai ten unha praza adicada a el no adro da igrexa de Régoa?
Hoxe non é difícil vir dende Vigo ata Cedeira, así que xa sabes...
Unha aperta
Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Que sorte tiveches, tardasches, pero os puidiches atopar, ata a ti mesmo que é o máis difícil de achar. Divos a túa constancia premiou. Noraboa, manuel carlos

Anónimo dijo...

Gracias amigo Manuel Carlos.
Con boa vontade, paciencia, traballo e perseverancia hai poucas cousas que non se acaden.
Unha aperta

Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

Querido : Creo que leo " bien" · tu poema . Con él me siento necesitda. Veo que buscaste a Dios y a ti ¡ Felicidades porque abiertos tus ojos has visto que al buscar en " un jardín " has encontrado a " Dios, te has encontrado a ti y a los demás "
Felicidades con mi cariño María

Anónimo dijo...

José: La busqueda perdura porque es como navegar em el oceano infinito.
Uno busca pero Él lo encuentra.

Saludos
Daniel Uriza

Anónimo dijo...

Naturalmente é a tendencia cara a, é un procura constante, un proceso, un xerundivo; xa sabemos que, a veces, é máis importante o percorrido que a propia meta.

Unha aperta

Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.