Soneto ó crucificado

 

Soneto ó crucificado

 

Quixera preguntarche tantas cousas,

aquelas que por  mortal non acado,

tantos porqués que eu teño agochado,

culpas con que cargaches, graves lousas.

 

Detente a falar e o madeiro pousa

Ti que deberías ser o louvado,

es Ti, meu Deus, por nós axustizado;

por que, Señor, a respostar non ousas?

 

Ás túas costas toda a dor do mundo,

ata deitaches por nós suor de sangue,

sentindo a traición do amigo inmundo.

 

No teu peito un sentimento tan grande

de amor polo home; non iracundo:

tenrura infinda no teu leito exangüe.

 

José Antonio Suárez Aneiros

 

Cedeira

(A Coruña)

 

 

 

 

 




8 comentarios:

Anónimo dijo...

Vendo o mundo que temos, creo que non valeu a pena tan gran sacrificio, aínda que os sentimentos de persoas como ti, a un a alma alégrase de que haxa xente boa e chora de pena que de Xesucristo tan pouca xente aprenda.
manuel carlos

Anónimo dijo...

CANTAS COUSAS TEREMOS QUE CONTARLLE A DEUS.CANTO TEMOS QUE AMOSARLLE DA NOSA MÍSERA OBRA HUMANA.FALAR DO FILLO DE DEUS É GLORIARSE, PARECE QUE ENCHES O PEITO DE PUREZA E DE SATISFACCIÓN.

AÍNDA QUE NON FOSE O NOSO SALVADOR,O FILLO DE DEUS, NON HAI NIN HOUBO NINGUÉN NESTE MUNDO QUE EMITASE EN FERFECCIÓN A XESÚS DE GALILEA. QUE DESDE AQUÍ DIGOLLE Ó NOSO SEÑOR QUE APRESURE OS SEUS PASOS PARA VELO COMO DESCENDE NO MEDIO DE MILES DE ANXOS BAIXO O TOQUE DAS TROMPETAS CELESTIAIS ACOMPAÑADO DESES MILES DE ANXOS ¡MEU SEÑOR, AGARDAMOS CON MOITAS ANSIAS A TÚA CHEGADA A ESTA TERRA QUE ESTÁ FERIDA DE MORTE!. ¡VEN SEÑOR, VEN! UNHA APERTA SOTAVENTO.

Anónimo dijo...

Querido e inolvidable amigo, es tan profundo tu poema, que cualquier palabra o comentario que añadiese, resultaría vulgar.
Sólo se decir: ¡Dios!
Santi Brañas

jose dijo...

Gracias, Manuel, Xabier e Santi polas vosas palabras de alento.
Cando un se esforza para procurar a consoante, cando lle parece que ten un intre de inspiración e o reflicte nuns versos, agradece que se lle tome en serio o traballo de escribilos.
Repito o meu agradecemento pois dá azos para seguir.


Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros

jose dijo...

Gracias, Manuel, Xabier e Santi polas vosas palabras de alento.
Cando un se esforza para procurar a consoante, cando lle parece que ten un intre de inspiración e o reflicte nuns versos, agradece que se lle tome en serio o traballo de escribilos.
Repito o meu agradecemento pois dá azos para seguir.


Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

¡Os de Cedeira!, ¡qué grande es el firmar con el nombre de tu pueblo!
Como no nací en Cedeira, no puedo legítimamente atribuirmelo, pero por querencia y estancia nadie me podrá quitar mi amor por ¡Cedeira!
Que las gentes de Argentina, de Canarias y de todos los de los remitentes del este blog, vean y pregunten ¿cómo es Cedeira? y páginas y páginas de los hijos de Cedeira colmarán su deseo
Santi Brañas:
NACIÓ EN SANTIAGO, PERO VIVIÓ EN
CEDEIRA

jose dijo...

Cedeira, Cedeira!

Das rías galegas
é a máis pequena,
pero ten en conta:
NELA NUNCA HAI PENA.

Gracias, Santi!

Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros

María dijo...

Gracias porque con tus catorce versos te acercas a reconocer y agradecer el AM0R de Jesucristo referente único y verdadero del AMOR FIEL E INCONDICIONAL DEL PADRE. Que en cuantos les reconocemos crezca hasta la plenitud, el AMOR . Con el mío gracias María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.