A RAEIRA
Neste banquiño de pedra
sento o meu espírito canso,
para acougar os longos anos
dun vello corpo esgotado.
Percorrendo vai o reloxo
en busca das lembranzas;
quixera medir o tempo
que toda unha vida acada.
Non fan falla anos, nin horas,
para enterrarse na nostalxia,
a longa vida dun home, só
nun minuto pasa.
Namentres unha margarita
por entre as penas esvara,
seus pétalos son anos
que nun segundo se apagan.
Alonso Rodríguez
(Grupo Poético Brétema)
2 comentarios:
Parecenos moi longa a nosa vida, máis no tempo do universo non e nada. Penso que tal vez o mosquito que solo vive tres días pode parecerlle una eternidade, pero nos sabmos que tres días non e nada comparado co que vivimos nos. Quizáis outros seres pensen o mesmo de nos. Ceneme
A vida é coma o curso du río; houbo moitos e bos poetas que o dixeron, pero dende logo, a vida dunha persoa, igual que o río sempre deixa pegada.
Felicítote por eses bonitos versos.
Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"