Peregrina
Camiñando como peregrina polos antigos sendeiros,
voltarei chea de ledicia a sentir de novo a terriña…
Acompañaranme no camiño, os seus esquecidos tesouros
agasallados sempre pola nai natureza…
Escoitarei gozosa, os lindos cantos dos paxariños
e tamén o correr da auga entre as pedras,
o vento maíño bicarame na cara con agarimo,
alentando ó meu corpo a seguir o meu camiño.
Seguindo as vieiras amárelas,
cruzarei vilas, pobos e aldeas,
atoparei vellas fontes onde calmar a sede,
hórreos e cruceiros en pedra,
montes, eidos e leiras…
Galicia meiga, Galicia enxebre…
Canta beleza nos teus sendeiros!
Un manto verde cubre a tú aterra
e abrázanos co seu resplandor,
sombras de carballos que invitan ó descanso,
a buscar a paz interior e tamén a reflexión…
Atrás xa quedou Padrón… Xa pouco nos falta por chegar…
Animo, meus amigos, que alá ó lonxe xa se ve a catedral!
Aloubado sexa Santiago Apóstolo, que nesta viaxe levounos da man!
Ó chegar diante do sepulcro
sentín unha profunda emoción,
dou gracias por ter chegado
e pídolle para o mundo
inmensa paz e moito amor,
e gardarei as lembranzas do camiño
por sempre no meu corazón.
Carmen Darriba Amoedo
(Grupo Poético Brétema)
2 comentarios:
Señora,Carmen, despois de cantarlle á nosa Terra con tan agarimoso querer e sentila como parece sentila, eu non poido pasar sen felicitala nestes días do nadal, que parece que os que somos da Terra, pasamos por enriba deste poema e nin un consolo nos paramos a darlle. Ademais, non somos solidarios.Ata nestes días somos individualistas e cada un destes poetas que estamos nesta vidreira ou escaparate,parece que fuximos do que no debéramos fuxir. Doime a pouca solidaridade poetica dentro desta tripulación, A unhes si, e a outros non, pero cada un reparte ás súas amistades, ademais, cada un é dono de repartir a quen lle pareza. Felicidades por cantarlle á nosa Galicia,á nosa Terra e a nosa lingua. Gracias, señora Carmela e felicidades neste nadal,2010 e aninovo, 2011. Co meu agarimo Sotavento

Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"