Os meus pasos

Os meus pasos

 

Pasiño a pasiño

contei as pedriñas

camiñando paseniño

para chegar ao meu destino,

por carreiros empedrados

e por sendas tortuosas,

baixei e subín as costas

e tamén as corredoiras.

Percorrín pobos e vilas,

atravesei as cidades

e deiteime nunhas pallas,

e disfrutei dos albergues.

Coñecín a peregrinos

de todas as condicións

e de distintas nacións,

chegando a ser compañeiros

no duro peregrinar,

loitando co temporal,

vento, chuvia, e máis xiada,

co desexo de chegar.

Comín produtos da terra

que atopaba polas leiras;

as fontes déronme auga

e as árbores súas froitas.

Esquecín de onde veño

pero sei que estou chegando,

pois ao lonxe eu albisco

tras un ceo encapotado,

ao final do itinerario,

a Catedral de Santiago

onde espera o Apóstol Santo

acoller meu cumprimento.

 

Conclusión:

 

Se queres adelgazar,

o camiño has de facer,

pois despois de moito andar

moitos quilos has perder.

 

Mariano Marcos

(Grupo Poético Brétema)




2 comentarios:

Anónimo dijo...

Estimado Mariano, donde hay voluntad, hay un camino. No me esxtraña que hayas llegado a Santiago, podrías con tu voluntad llegar más lejos, seguro. Feliz año. Ceneme

Unknown dijo...

Mariano, querido : No me digas cuantas piedrecillas has contado. De manera precisa reflejas los " pasos "a veces muy cortos que cada uno damos para recorrer nuestros caminos.
Ofrece tu " receta " poemada como una bonita dieta para adelgazar.Graciass. Con cariño María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.