Ondas do mar amadas

Ondas do mar amadas

Amadas ondas do mar,

ai, ondas do mar amadas,

traédeme as voces tristes,

traédeme as afogadas,

traédeme os meus suspiros,

traédeme as miñas bágoas,

traédeme os prantos todos

das miñas liras e harpas,

traédeme as redes louras,

que perdín nas miñas barcas.

Amadas ondas do mar,

ai, ondas do mar amadas,

mandádeme os meus amores,

mandádeme as miñas mágoas,

mandádeme as naves todas

e todas as pobres almas,

coas apertantes angurias,

e indelebles pregarias.

Amadas ondas do mar,

ai, ondas do mar salgadas,

traédeme todos os bicos,

traédeme todas as barcas,

na vosa vela de escumas,

na vosa vela de augas.

Francisco de Sotavento

Cedeira

(A Coruña)

7 comentarios:

jose dijo...

Canta saudade, soidade, morriña, recordos e nostalxias rezuman estes fermosos versos mariñeiros que saen da pruma dun home que lle sairon os dentes á beira do mar.
Felices Pascuas, meu amigo
Cedeira.

José Antonio Suárez de Aneiros

Anónimo dijo...

¡Ay ondas do mar do norte!
¡Leváime dónde está ela!
que está morrendo de amor
que morrendo está de pena,
Felicidades, Ceneme

Anónimo dijo...

Non sei se algún día te colleu unha galerna no mar e navegando dous días para terra. Os golpes de mar levarche toda arboladoura da cuberta. Ter que tapar o motor cunha lona para que os golpez de mar no apagaran e ti con catro compañeiros amarrado cun cabo na cuberta e gobernando a popa cun só remo. E golpes de mar que asulagantes que te comían. Penso que Ceneme un de tantos desta tripulación, que clamaría por Dues mil veces que non había de vir cantaruxando nin había de renegar de Deus naqueles tétricos momentos. Ai, Ceneme qué pouco sufriches... Por iso chamo ás ondas do mar amadas para recordar as victimas caídas no mar e os anguriosos prantos que moitos mariñeiros sofriron no mar.
Teu amigo Sotavento.

Amigo Sotavento, vese que non leeche o libro que che mandei-Pasei mais dunha galerna nas costas de Africa, pero non lle votei a culpa a deus, sinon o mal tempo e loitei con él. Deus non ten a culpa das tormentas, nin dos mortos producidos po-los sumanies, nin po-los corrimentos de terra. Son desastres naturales, nos non lle importamos nada a nai Natureza. Ceneme

María dijo...

Francisco : Hermosos versos, aunque se me " escape adonde van dirigidas algunas de tus abundantes y amadas llamadas " Que las ondas del mar amadas te lleguen suaves, acariciadoras y que las del mar del amor de Dios,fiel y constante , en el que tambien navegas te sean percibidas en tu VIAJE ¡ FELIZ !Con cariño María

Abuela Ciber dijo...

Deseo que este año que comienza te regale todas ellas!!!!!!!!!

Tres cosas irrevocables para la Vida son:Tiempo…Palabras…y Oportunidades

Tres cosas que no debes negarle a tu Vida son …Serenidad …Honestidad …Y Esperanza …

Tres cosas que son tu Elección …Tus Sueños …Tu Exito …Y tu Destino …

Tres joyas que se tienen en la Vida son…Amor …Autoestima …y Verdaderos Amigos …

Buen año 2011 para ti y tus seres queridos !!!!!!!

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.