As flores

As flores

 

Floriñas do campo

vestidas de azul,

floriñas do campo

de capelo tul.

 

Floriñas vermellas

que recenden ben,

floriñas vermellas

do cheiro do mel.

 

A flor máis prezada

da nena noviña,

a flor máis prezada

da doce infantiña.

 

A flor da noviña,

desexo de amor,

a flor da noviña

xa non ten temor.

 

Flor da auga santa

procura a rapaza,

flor da auga santa

para ver se casa.

 

Flor murcha, apagada,

noutrora vivaz,

flor murcha, apagada,

ansía  brincar.

 

Floriña da vida,

lóstrego fugaz,

floriña da vida,

rápida te vas.

 

Flor do camposanto

que alegras ós mortos,

flor do camposanto,

como fico absorto!...

 

Así es, meu xasmín.

de albura da neve,

así es, meu xasmín,

miña flor celeste.

 

O rosal do demo

co fiuncho fresco,

o rosal do demo,

máxico arrecendo.

 

A flor da roseira,

de vermella cor,

a flor da roseira

alivia a dor.

 

Recendente lirio

de frondoso talo,

recendente lirio

dos deuses regalo.

 

Que me boten flores

non devezo, non;

que me boten flores

é adulación.

 

Alfombra de flores

non quero para min,

alfombra de flores?

… Só un alecrín!...

 

José Antonio Suárez Aneiros

 

Cedeira

(A Coruña)

 




3 comentarios:

Anónimo dijo...

Señor, José Antonio Suarez Aneiros, téñoo como poeta de poemas na bela lingua galega, dos que eu aprendo, pero deas pois de ler o seu poema e ver como verso a verso constrúe un fermoso ramo de flores, para o noso deleite. Teño que felicitalo como o poeta das flores. !Vaya lección de botánica! manuel carlos

Anónimo dijo...

AS COUSAS MÁIS BELAS DESTE MUNDO SON AS FLORES.
NON HAI FIGURA NIN HUMANA NIN ARQUITECTÓNIOCA QUE SE POIDA IGUALAR A UNHA SIMPLE FLOR.
!
" EU DIGO: QUE CADA UNHA DAS BÁGOAS DERRAMADAS DOS OLLOS DE DEUS,SON AS FLORES DE ESTE PLANETA"

POR ISO NON HAI COUSA NESTA TERRA QUE SE IGUALE Á FERMOSURA E A PROFUNDIDADE DE BELEZA QUE CONTÉN UNHA FLOR.

QUE POUCO LLE CANTAMOS A FLOR...
UNHA APERTA DE SOTAVENTO.

Anónimo dijo...

¡Pero por enriba de toso! ¡Felices Festas!
Santi Brañas

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.