O noso luceiro branco
Hoxe marchou PACO,
FRANCISCO FERNÁNDEZ DEL RIEGO
deixando o seu puro á beira,
os libros na biblioteca,
e lonxe
moi lonxe
os aniversarios.
GALICIA non está de loito,
nin tampouco de morado,
porque o ceo acaba de recibir
unha estrela
do noso blasón
prateado.
O noso himno viste de gloria,
o noso mar non percibe o lamento,
porque o BO GALEGO peregrino
trancende o vento,
o fume
e o canto.
Hoxe todos os galegos
temos un luceiro no ceo
que nos mira e nos anuncia
paz,
concordia
e
non medo,
lembrándonos a noso contrasinal:
"Fillos dos nobres celtas,
fortes e peregrinos,
loitade polos destinos
dos eidos de Breogán".
Chicha Cerecedo Rego
A Pobra do Caramiñal
(A Coruña)
3 comentarios:
Si Chicha, noso lucero marchou
para alumearnos dende o ceo.
Descanse en paz. Ceneme
As persoas da traxectoria de Paco Fernández del Riego non marchan, Chicha, fican para sempre connosco porque quedan inmortalizadas na súa dilatada obra.
Un bico.
Cedeira
José Antonio Suárez de Aneiros
Chicha: hermoso , reconocer un LUCERO.que illuminó y sigue iluminando con luz más plena . Ese lucero que reconocéis merecidamente ilumina " paz, concordia sin miedos " al mundo . Felicitaros porque aquí se encendió el LUCERO que expresan sentida y bellamente tus versos.Un beso María
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"