A lingua

A lingua

A lingua é a herdanza

dos nosos ancestros.

A lingua é a cerna

de rexos sentimentos.

A lingua é o sangue,

a lingua é a alma

das veas galegas.

do pobo que clama.

A lingua é un río

que rega a terra,

penetra, fecunda

e sen ela berra.

A lingua é a nai,

o pai, os irmáns,

a terra, o chan,

o sustento e o pan.

Fala mol e fala rexa,

fala da alma e do corpo,

fala que se non falamos

quedaremos sempre orfos.

Porque se morre a fala,

morrerá  tamén o pobo,

a parte espiritual

será comesta do lobo.

Teño unha mágoa na alma:

a herdanza de mil anos,

por falla de escrúpulos,

vaise romper en anacos.

Teño unha mágoa na alma

que me fire con dor:

non sei se fixen dabondo

pola fala dos avós.

José Antonio Suárez Aneiros

Cedeira

(A Coruña)

3 comentarios:

Anónimo dijo...

Nesa lingua, quixerate dar o mais grande saúdo e agradecemento.

Ou me falta verbas ou me sobra o intento
Santi Brañas

Anónimo dijo...

Ten razón o señor Suárez Aneiros, que a nosa fala ven a ser como pan de vida e todos inclusive eu, deberíamos regar máis a Ärbore galega que é a nosa lingua,mais todos sabemos que a nosa lingua non é estranxeira é a nosa fala, o noso idioma e varios parlantes de Bretema tan puco non o falan. pero cada un é libre de facer o que lle dea a gana, pero falar galego eu penso que a todos nos farta e satisface a parola da xente que o fala.
Hai que falalo na rúa hai que falalo na escola, hai que falalo na casa e hai que falalo cos nenos e deixarse de parolas.
Inda que sexa pouco e non se seiba moi ben
hai que falalo e inda que o fales mal, eu dígoche meu amigo, que o fales. Fco. de Sotavento

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.