Cando era neno


Cando era neno

 

Cando eu era moi neno / pasaba o día na praia,/

nos olmos que había preto / a carón da miña casa/.

Son os recordos que teño / cando co balón xogaba.

 

Conmigo había máis nenos / compañeiros de fatigas,/

aprendices futboleiros, / faciamos a nosas "ligas"

 

Xogabamos "as cabezas", / cando só eramos catro,/

era un xogo de destreza / que ca testa rematando /

para salvar a defensa / do que estaba parando.

 

Uns parecían "Zamoras" / outros querían ser "Zarra" /

o porteiro vai sen gorra / e sen "pano" o que remata.

 

Dous equipos enfrentados / na disputa da pelota,/

todos xogan descalzos / e moi lixeiros de roupa./

 

Son os campos de futbol planiños /

que deixa a marea cando baixa,/

as porterías dous pilonciños /

de area, con un  pau que as destaca /

E como non teñen largueiro /

o gol ten que ser moi claro,/

por arriba  "alta pra o neno" /

ten que pasar por abaixo./

Os goles son máis de doce /

e case sempre empatan/

"o último vale doble" /

cando "o partido" se acaba

 

E aló polas Fábricas, / tamén xogan os nenos /

(fotografía ou lámina) / ca rapeta entre os dedos./

Xogando a ser maiores / pillando "xebra a mazo"/

tirando sen sentir dores / nos seus infantiles brazos.

 

San Isidro, a Magdalena, / a Sonreira, Miseñora /

(praias de brancas areas) / non esquezo Arealonga./

Alí xoguei sendo neno / os meus infantiles xogos: /

"as espadas" (sen ter medo) / e as guerras de "cañotos"/

a piratas, a corsarios,/ aos indios, as caravanas, /

cos nenos do vecindario; / alí tódalas semanas.

 

Teño que volver un día / a xogar naquelas praias./

de xuramento diría / que empeño a miña palabra.

 

Santi-Brañas

(Grupo Poético Brétema)

 

P.D. Para Xabier "Sotavento"

que me coñeceu de neno /

sabe o moito que se disfrutaba/

de ninguén tíñamos medo

e tódolos nenos xogaban.

 



5 comentarios:

Anónimo dijo...

Ai, praíña de Cedeira
se ti foras miña moza,
sempre estaría contigo
pola beiriña da onda,
esperando as maraxiñas
que sempre veñen de fóra,
e traen mensaxes ledos,
e ás veces contan historias
de barcos e de lanchiñas,
daquelas que nunca voltan
e quedan nas lonxes augas,
e no silencio da foia
que vive no mar profundo,
onde o silecio é señora
de todo o fondo do mar,
onde os deuses calan a boca;
pois eu desde a praíña
sempre aprendin estas cousas,
cousas que veñen no vento
e nas brisiñas de fóra,
e algunhas contanme contos,
e outras moi tristes choran,
choran de mágoa e de angúria,
polos omes que non voltan
e así me contan a vida,
sempre a beiriña da onda..

Nin tres minutos me levou facelo.
Isto vai por dedicarme media parodia. Fco. de Sotavento.

Anónimo dijo...

Como sempre, amigo Brañas con tuas añoranzas e lembranzas. O que máis voto de menos e a seguridade, nos conocíamos todos nos barrios, hoxe voto de menos aquel ambiente familiar onde a casa dos veciños era a miña casa. Saudos. Ceneme

jose dijo...

Ten razón Ceneme, Santi, ímonos facendo vellos porque cada vez recordamos máis a nenez e xuventude?
Ou será que cada vez somos máis sensibles ó acontecer diario no que vemos unha superabundancia de insensibilidade e estupidez.
Cantos recordos da nosa xuventude, eh, Brañas?

Anónimo dijo...

Santiago conseguiu co seu poema trasladarme no tempo, aos momentos máis felices da vida, que belos recordos! As praias, os montes, s amigos, viviamos máis noutras casas que na nosa. Grazas polo seu poema. manuel carlos

Unknown dijo...

Santi, querido : Ya he dicho otras veces que no soy "bilingüe " como vosotros pero ,atrevida, os leo en vuestro medio de expresión y advierto por dónde os movéis. ¡cuán vivos están tus recuerdos y los lugares dónde vibran! Alégrate y consérvalos agradecido. Con mi cariño María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.