O Mico
(Para pra)
Teño a alma triste,
morreume o meu gato,
non estou para* chistes.
Non quero aturuxos
nin ledas foliadas
nin trucos de bruxos.
Chamábase Mico,
viña xunta min
e dábame bicos.
Cando estaba farto
íase durmir
ó sillón do cuarto.
Nas noites de inverno
co frío do leste
pasaba un averno.
Cando ía ás mozas,
voltaba lixoso
a causa das rozas
e o baño das pozas.
Hoxe ó meu Mico
déronlle un pao,
xa non lle oigo
o seu ledo miao.
Malia quen llo deu
e a súa ralea
por matar ó Mico meu!.
José Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
3 comentarios:
Neste poema do "Mico" que precioso é sentir a mensaxe que deita o amor sobre a quen se lle se lle quer, por iso se nos fallase o amor, a pesar de ser como somos, ¿como seríamos? ¡O meu miquiño!¡A miñs pucha!!O meu canciño! etc etc. O amor é o que chega ao noso corazón e apousa nas cámaras da nosa alma. O que interesa dun poema é a súa menxaxe e o asentamento das verbas. Desta maneira podemos gozarnos co a poesía. Unha aperta de Fco. de Sotavento
O meu mico chamase Buba, deitase na miña cama, o chegar o día, cheirame, dame biquiños na cara, e ven a decirme, "lacazán, levántate e anda" Que maltrate o meu gatiño non yo perdonaría na ialma. Ceneme
Despois do 18 estarei por Cedeira, farei por verte.
Felicidades polas fermosas poesías que mandades ao noso blog. Saudos e tamen felicitaciós a Xabier polo seguro exito do seu Libro.
Santi Brañas
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"