Ven!



Ven!

(A todos os galegos da xeración perdida)

 

Chamei por ti

e non viñeches;

busqueite polas sombras da noite

e non te atopei;

apalpei pola néboa esparramada

e non te collín;

berreiche pola vida alonxada

e por alí perdinte.

Ouh Galicia, non te afastes máis de min!

ven!

non deixes que me vaia

pola noite impensada,

pola néboa escurecida,

pola vida inacabada.

Ouh Galicia, cédeme unha man,

unha man achegada,

unha man amiga,

unha man apertada!

Ouh Galicia, dáme sequera iso, unha tumba,

unha tumba que garde a miña nada,

unha tumba que teña sempre xunto a ti

a miña alma!

 

+ Serxio López-Corona Martínez



2 comentarios:

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

As miñas condolencias e sentido pesar a toda a familia de Brétema.
Unha forte apreta para todos nestes intres difíciles e que o compañeiro atope a paz e o consolo baixo a terra da súa querida Galicia.
Xermán Torres

Anónimo dijo...

E Galicia escoutoute, Serxio,
deuche unha tumba,
unha man amiga,
un leito de flores,
un teito de estrelas,
un cheiro das rías,
desta fermosa Galicia
que ti tanto querías.
Ceneme

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.