Na lagoa
Noite de orballo,
noite de lúa,
e o vendaval
funga que funga.
Baixaba o río
falando coa lúa
e os ameneiros
brúa que brúa.
Ven, doce amor,
ven meu tesouro,
ven a ensinarme
os cabelos louros.
Ven, rapariga,
quero abrazarte
e no meu peito
sempre levarte.
Ven xunta min,
imos folgar,
faremos lume
dentro do lar.
Noite de orballo,
a noite zoa,
e o vendaval
na ampla lagoa.
José Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
5 comentarios:
Bonito poema en forma de romance, con musicalidad y sencilla rima. Felicidades. Ceneme
Amigo Antón estou tocado pola depresión, isto é morrer a ntes de tempo perdóneme Deus,Bendito o día que che dixen que tiñas que ser poeta, pois aía está a mostra coma os demais. Non teño ganas de nada nin de comer que como á forza. O antidepresivo non sei se o aguantarei. Estou medio aparvado e isono me senta ben, pero vou resistir hata onde poida.Unha aperta deste compañeiro de bancada,pois en verdade sómolos. Unha aperta de Sotavento
¿Que lle pasa a Javier que o vexo tan alicaído? Haberá que darlle ánimos para que non chore de seguido. Xa mo decía meu pai, dos que andan moi enfermos "home enfermo, home eterno". Así que non teñas presa Javier, inda che queda moito camiño
Santi Brañas
Supoño que has vir por Cedeira nos vindeiros dias, Santi, e poderemos falar.
Unha aperta
J. Ant´on Su´arez Aneiros
Hoxe no bloj vexo que maña Xabier vai presentar o seu Libro. De corazón desexo que triunfe e todo Cedeira, presuma de poeta. Por si el non lee o bloj. Mandalle os meus saudos.
Santi Brañas
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"