Montería



Montería

 

Xa oigo os cornos tocar,

non andan lonxe os monteiros,

o corzo ven a axexar,

fachendoso, a desolar

e a cazar cos compañeiros.

 

Anda no monte a caterva,

no Ouzal da Capelada.

Vai na herba a miña Cerva.

¡San Andrés da miña terra,

que non se vexa humillada!

 

Veñen a Deus ofendendo;

os cans e lebreis a ladrar;

xa Don Ares ven xemendo

co seu séquito tremendo

e non se vai arredar.

 

Un fato de malvados todos,

babexando coma lobos;

non lles chegan as súas donas

porque queren nenas novas

e agóchanse nos tobos.

 

-Don Ares Pardo de Lago,

señor de este lugar,

por san Andrés e Santiago,

non me obrigues a este trago,

¡déixanos vivir en paz!.

 

Xa rematou o festín,

abusada, magoada

polos que "nobles" se din.

¡Deus lles dea mala fin

pois ela foi deshonrada!.

 

Xosé Antonio Suárez Aneiros

Cedeira (A Coruña)

 

(Xogos Florais de Cedeira do ano 2010)

 

 

 

 


5 comentarios:

Anónimo dijo...

Bo poema romance de esa cerva deshonrada por eses que se din nobles". Ceneme

Anónimo dijo...

Ese nobles facían o que querína coas nenas novas e ás escondidas coas más "BOAS" Pobres rapaciñas quweridas que bobicás perseguiron desfacéndovos a hoenra. Poder do poderío que para os pobres era sombra. Gracis por recordarnos eses momentos de abusos basaios e noxos. Eran fidalgos, nobles e poderos DEREITOS DA PERNA TEU AMIGO SOTAVENTO

Anónimo dijo...

Ese nobles facían o que querína coas nenas novas e ás escondidas coas más "BOAS" Pobres rapaciñas queridas que vos babicaron e perseguiron desfacéndovos a hoenra. Poder do poderío que para os pobres era sombra. Gracis por recordarnos eses momentos de abusos vasalos e noxos. Eran fidalgos, nobles e poderos DEREITOS DA PERNA . TEU AMIGO SOTAVENTO

Anónimo dijo...

Ese nobles facían o que querína coas nenas novas e ás escondidas coas más "BOAS" Pobres rapaciñas queridas que vos babicaron e perseguiron desfacéndovos a hoenra. Poder do poderío que para os pobres era sombra. Gracis por recordarnos eses momentos de abusos vasalos e noxos. Eran fidalgos, nobles e poderos DEREITOS DA PERNA . TEU AMIGO SOTAVENTO

Anónimo dijo...

O triste é que nunca faltan lobos, o triste que fose na Capelada,
o triste que inda hoxe todos
non queremos ver a manada.
Unha aperta e sigovos agradecendi a vosa colaboración nas nosas páxinas.
Santi Brañas

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.