A Miguel Hernández Gilabert



A Miguel Hernández Gilabert

 

Non o aforcaron,

non o fusilaron,

tampouco o calaron

nin o domearon.

 

O pastor de Orihuela,

que alindaba as cabuxas,

era bo home e bo pai;

sempre adiante, banzai;

non,non tiña medo ás bruxas.

 

Ninguén sentía coma el

a amizade e o ser fiel,

así o di a Elexía

que adicou, moi sentida,

a José Ramón Sijé.

 

O apaixonado rapaz,

comprometido na loita

pola liberdade e a paz,

traballador e capaz

son as bandeiras que adoita.

 

O rencor e a xenreira,

a teimosía e o odio

infestan as mentes hostís

¡el que era tan xentil

a pasar  aquel agobio!.

 

Non me colle na cabeza

que un home coma el

puidera ser acusado,

abusado e condenado

polos que rezuman fel.

 

 

A enfermidade e a friaxe

ínzanse naquel corpo,

os aires de santa Bárbara

aterran aquela cara

pois son pra el un escoupro.

 

 

No ano cuarenta e dous

o tifus acaba con el;

unha mañá de marzal,

a liberdade real

desencadea a Miguel.

 

Camiñou con un anceio

e procurou a verdade,

como dixo o seu paisano

o cantante Nino Bravo,

con ansias de liberdade.

 

Non o aforcaron,

non o fusilaron,

tampouco o calaron

nin o domearon,

pero caeu abatido

polo pensamento

cruel e corrompido.

 

José Antonio Suárez Aneiros

Cedeira (A Coruña)

 


6 comentarios:

Anónimo dijo...

Canto sentimento derramou este poeta.
Quen non se achegue a este poeta para recordalo, as súas cítaras están desafinadas.
Grazas querido amigo por traer a estas páxinas ao que chorou pola xustiza, polo amor dos acorrelados.
Graczas Antón porque foy o poeta más apaixoante de España, o que aínda hoxe as súas metáforas os máis entendidos non son capaces de configuralas.
Dicir Miguel Hernánde, é sentir a fonda poesía dentro das entrañas.Teu amigo Sotavento.

Anónimo dijo...

Canto sentimento derramou este poeta.
Quen non se achegue a este poeta para recordalo, as súas cítaras están desafinadas.
Grazas querido amigo por traer a estas páxinas ao que chorou pola xustiza, polo amor dos acorrelados.
Graczas Antón porque foy o poeta más apaixoante de España, o que aínda hoxe as súas metáforas os máis entendidos non son capaces de configuralas.
Dicir Miguel Hernánde, é sentir a fonda poesía dentro das entrañas.Teu amigo Sotavento.

Anónimo dijo...

Gracias, Antón, por esta magnifica oda a Miguel Gernandez. No podrán callarlo, sus poemas están ahí para la eternidad. Saludos, Ceneme

jose dijo...

Grazas, Xabier e Ceneme, polas vosas palabras, pero como dicides, e eu penso, as súas son palabras que evocan sentimentos e ideas inmorrentes, polas que a maioría dos ben nados nos deixamos aconsellar e seguímolas coma se fosen faros que na lonxanía guían ós barcos que navegan polo proceloso mar.
Grazas dende Cedeira
José Antonio Suárez Aneiros

santiago glez.-brañas dijo...

de volta duns días de descanso polo Sur de españa, atópome con este agasallo de poesía. ¡fantástico!. Graciñas, unha vez mais, pola vosa colaboración
Santi Brañas

Unknown dijo...

Me ha conmovido, aún sin captar la total dimensión expresada, porque no sé gallego, la oda a Miguel Hernández. Llevo tres años residiendo en Vilagarcía de Arousa . Pronto descubrí en el centro de la ciudad, un parque dedicado a él. ¡Cómo me sorprendió! Estuve anteriormente en su Orihuela natal, en su huerto, vi la higuera a la que convoca a Ramón Sijé y aquí fui conmoviéndome con el recuerdo a su persona y a su obra poética en el Parque. En tres fuentes , sobre el cerco que las limita, en una placa aparecen dos cuartetas con la firma de alguna de sus obras : En una " En el fondo del hombre/ agua removida ./En el agua más clara/ quiero ver la vida ..." Agua en el fondo del hombre " ¡ Qué turbia y envenenada la que acabó con su paso en la tierra porque su obra VIVE y ¡ Ojalá en agua " más clara "veamos y escribamos las páginas de la vida . Hay un monumento a él dedicado en el centro. Yo entiendo de él dos cuernos, rememorando su infancia de cabrero El Parque dedicado en agosto de 2002 tiene además en dos bloques de granito, dos fragmentos cortos de su obra . Queridos yo, leo siempre que paso sus cuartetas y veo su firma y me alegro de cuanto se hace en el centenario. Con el deseo de que sirva para respetar y valorar la vida humana y para acercarnos a su poesía Mi cariño María

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.