NOCTURNO
Agora que sae a lúa
por enriba do penedo,
agora que sae a lúa
o meu amor ha vir cedo.
Andan de ruada
tódalas estrelas
e a lúa bule
para ir a velas.
Na noite clara e serena,
con arrecendo de arumes
o noso amor vai medrando
como as chamas do lume.
Andan de ruada
tódolos luceiros
e a lúa bule
entre os outeiros.
José Antonio Suárez Aneiros
Cedeira
(A Coruña)
5 comentarios:
Meu caro amigo,
cando se agarda un amor
baixo a lúa ou un luceiro,
é recibir mási que gloria
cando se bica ese ceo.
Tanto me da pola praia,
tanto me da polo outeiro,
tanto me da polo bosque
ou nas maíñas do vento.
Unha aperta de Sotavento.
Preciosa poesía, preciosas imágenes y musicalidad
Antón, con que alegría leo tu poesía en nuestras páginas. Cedeira sempre está no meu pensamento e súa xente inda máis.
Santi
fermosas verbas e fermoso poema a luz da lúa. Un saúdo, Antonio
Grazas a todos polos vosos eloxios e loas a esta sinxela composición poética adicada á miña dona Sabela.
Unha aperta
J. Antonio Suárez Aneiros
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"