Camelias no día do Carme

Camelias no día do Carme

 

O mariñeiro leva na súa dorna belida

a imaxe da Virxe do Carme, dos mariñeiros

nai agarimosa, nai moi protectora,

toda engalanada de camelias.

 

A Virxe branca e pura

con Albas plenas por engalanadura.

 

As ondas, do noso mar, ledas e festeiras

acollían ás chalanas na fermosa travesía,

camelias a estribor, camelias a babor,

á popa, camelias; á proa camelias.

 

A Virxe branca e pura

con Albas plenas por engalanadura.

 

Vellos e novos pescadores, as naves cheas de flores;

grumetes, mariñeiros, vellos lobos de mar,

maquinistas, cociñeiros, patróns a vogar

este día de festa, día do Carme; todos a navegar.

 

A Virxe branca e pura

con Albas plenas por engalanadura.

 

Soan os foguetes nas vilas mariñeiras,

ascenden, ceo azul, estoupidos de ledicia,

soan as sereas, barcos apiñados, bandeiras;

asoman xa as luces do solpor, luceiro da alba.

 

A Virxe branca e pura

con Albas plenas por engalanadura.

 

O momento de emoción, lembranzas dos mariñeiros mortos,

un noviño home do mar, case un meniño, guinda nas augas

unha coroa de camelias, das máis variadas das nosas rías,

bagoas salitrosas dun vello lobo de mar fan a súa travesía.

 

A Virxe branca e pura

con Albas plenas por engalanadura.

 

As voces rexas dos homes do mar

entoan unha esperanzada salve mariñeira,

as notas de pétalos de camelias xaspeadas

enchen un anaco fermoso da ría, alónxase a coroa de camelias.

 

A Virxe branca e pura

con Albas plenas por engalanadura.

 

Xermán Torres (Vilagarcía)

 

10 comentarios:

Anónimo dijo...

Repito lo dicho en otra ocasión "Hay que ser de puerto de mar, para sentirlo"
Santi Brañas

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Santi, el mar es algo muy importante para los que vivimos en sus riveras. Es nuestra vida y nos da vida. Y para los marineros la Virgen del Carmen es la salvación en la que asirse.
Recuerdo ahora lo que Rosalía de Castro, poco antes de morir, pedía:
"Quero ve-lo mar".
Un abrazo y gracias por tu comentario,
Xermán

María dijo...

"...Todos a navegar " aún sin entender los términos marineros, sintiendo la belleza de las blancas camelias, la fuerza de la vida que bulle en el mar y que entrega generosamente y la protección de la VIRGEN, BLANCA Y PURA y ¡ Feliz travesía ! Con mi cariño, un abrazo.María

Fernando dijo...

Hermosa composición, contrapunteando la belleza y pureza de la camelia y la Virgen del Carmen. ¡Preciosa!vitere

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

María, gracias por tus palabras. El mar es vida. Escribí el poema en homenaje a las esforzadas gentes del mar y la fe que muchos tienen en la Virgen del Carmen. Además en honor de mi mujer, que como tantas gallegas, tiene el precioso nombre de María del Carmen.
Un mariano y cordial saludo.
Xermán

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Fernando, muy agradecido por tus palabras. Introduces un elemento poético importante, la belleza. Dicho concepto puede incluso aplicarse cuando el poeta describe con maestría cosas o hechos considerados feos.
Pero el término que usas se refiere aquí a la mar y a la Señora que proteje a los hombres y mujeres que viven en y del mar.
Xermán

Manoel Xosé dijo...

Precioso poema Xermán y lleno de un gran simbolismo para todos los que procedemos de la costa... de nuestra comunión con el mar, con la vida. La virgen del Carmen, patrona de los marineros. Una estrofa hecha en mis años de juventud recuerda esa estrecha y magica relación entre la virgen y los marineros:
"A carón da miña porta eiche facer un altar/ miña virxiña morena pra que me poidas ollar/pra que me poidas ollar nas longas noites do mar/ miña virxe moreniña... moreniña eite chamar"

Permanecen en mi memoria el homenaje que los marineros ofrendaban a la virgen del Carmen, sacándola en un barco de pesca a lo largo de la ría y las coronas que al mar se ofrecían. Parece ser que un accidente entre dos barcos fue el motivo de la suspensión en Villagarcía de la procesión marítima del Carmen. Un saludo, tu amigo y compañero de fatigas, Manoel Xosé.

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Manoel Xosé, que ledicia poder ler as túas sempre agarimosas verbas. Claro que ese fatídico accidente, que eu vivín en directo, xa que ía no barco que levaba á Virxe, acompañando ao crego e gozando con emoción daquel acontecemento. Mágoa que sucedera o que sucedeu por falta de organización e a fermosa ría de Arousa converteuse nun caos que provocou o triste accidente. Penso que dende aquela non volveu a celebrarse a procesión marítima na nosa querida Vilagarcía de Arousa. Tampouco se celebra nin en Carril nin en Vilaxoán, nestas fermosas vilas mariñeiras só se celebra a procesión terrestre. Se se fixeran ben as cousas, todo sería distinto. Así as procesións xa non son o mesmo.
Unha apreta agarimosa desde esta nosa Ría de Arousa.
Xermán Torres

Anónimo dijo...

Xermán, tiven a sorte de estar siesteando en Limens e poiden ver o paseo po la ría da raiña do mar e escoitar a Salve dos mariñeiros que aprendín a cantar en Ferrol.Ceneme

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Ceneme, seguro que foi unha magnífica experiencia. Ah! aproveito para comentarche que me gusta moito a túa poesía. Parabéns para ti e para os teus compañeiros de Brétema.
Unha apreta e sorte.
Xermán

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.