“Arroutas do Mar de Cedeira”

 

"Arroutas do Mar de Cedeira"

 

Hai na miña terra unha verba moi particular

para as ondas que viaxan a cabalo do vento,

son "arroutas" que non paran no seu movemento,

como se fosen os cabelos rizados do mar.

 

No mar bravío, nas rochas,  nas penas, escachan

en escumas brancas que enchen o firmamento,

mansiñas chegan as praias nun compasado lento,

bicándoas unha e outra vez , xa non se marchan.

 

Elas portan lendas, marmurios dos mariñeiros,

da morriña e da  saudade que levan moi dentro,

da Virxe María e de Santos Milagreiros

 

que cuidan dos homes do mar en todo momento.

Aos que andan espallados polo mundo enteiro

na procura van do peixe, o caro sustento.

 

¡Arroutas!, non sodes anduriñas que veñen e van,

sodes  ondiñas da miña Terra, do noso Mar

 

Santiago González Brañas

(Grupo Poético Brétema)

 

 

 

4 comentarios:

Anónimo dijo...

si, Santiago, son os cabalos brancos do noso mar que van enrriba das ondas que escachan contra os penedos, onde collen e arriscan as vidas os percebeiros. Ceneme

Juan Francisco dijo...

Se me escapan muchas, Santiago, pero aun así, resulta muy dulce el poema. Un abrazo.

TERESA CARIÑO dijo...

mansiñas chegan as praias nun compasada lento.Querido Santiago fermoso,case podo sentir os seus salseiros e soñar co seu rumor.Teresa

jose dijo...

Magnífico soneto con estrambote que evoca o mar e tódolos traballos, mágoas e ledicias que ofrece, e que de neno viches en Cedeira. Encántame.
J.Antón Suárez Aneiros.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.