Noite pecha
Pregúntome as veces na noite
cantas estrelas pode un contar
E canso ninguén responde...
¿quen quere comigo soñar?
A noite pecha relaxa a mente
Comezan os grilos o seu festival
O moucho saúda cos seus berridos
e as estrelas lumean sen máis
Relaxada enriba da cama
As forzas do corpo queren fuxir
Subindo estou no tren dos meus soños
Mañá contareilles que soño vivín.
Teresa Cariño
(Grupo Poético Brétema)
6 comentarios:
Amiga Teresa, se eres capaz de soñar que sean soños fermosos que non se esvanezan.Ceneme
A menudo instantes cotidianos inspiran sensaciones de paz.Muy bonito.Qué tengas felices sueños.
Os soños necesitan de nos e nos precisamos dos soños Teresa. Soñar é tamén unha forma de vivir. Un bico.
Pilar.
Subin contigo a ese ceo e xa a puiden atopar, a estrela estaba a meu carón, eras ti, non o podes negar.
Santi Brañas
Es muy hermoso compartir este rincón con personas de gran corazón,un abrazo muy fuerte.Teresa.
Poema juguetón y mágico me llevas de la mano por mi infancia lejana cuando soñaba mirando las estrellas y ecos extraños hablaban a mi oído cosas bellas.
Un beso!
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"