"Falar ben non costa un carallo"
Cando era pequeniño,
tíñache dúas falas,
unha de "señorito",
outra, pra entender, bastaba.
Cando batían as olas
no peirao, coma cachóns,
bastaba con unha soa
¡"manda carallo, patrón"!
Cando ruxian os ventos,
entre as fiestras pechadas,
dicíase con acento:
¡"manda carallo na Habana"!
E se o sol queimaba
por derriba do pelexo,
sempre a mesma era usada:
¡"manda carallo, Lorenzo"!
E se chovía a chover,
auga, vento e frío,
dicías pra non tremer:
¡"mándache carallo, tío"!
E se na primavera,
seguía chove que chove,
a resposta sempre era
"O carallo vintanove"
Pois xa sabedes as faladas:
"o cantar dos señoritos"
A outra, como de pasada,
que de seguida, repito:
¡O carallo da nosa fala ".
Santiago González Brañas
(Grupo Poético Brétema)
5 comentarios:
asi escreben os poetas, inxenio hai de abondo, mais duas formas de falar nuhn mesmo encoiro, eso chamase separar non xuntar, pero respeto o de todos. Manda carallo!
Ceneme
Moi ben descrito Santiago ese falar da nosa terra. O que son as cousas...
de moza iamos a cidade, a Vigo: "a xunto os señoritos", como dicia meu pai. Un bico, Elisa.
Mando muchas felicidades a mi amigo,esto solomante son los entrantes o mejor dicho el primer plato de su gran conocimiento en este mundo de las letras,un abrazo de TERESA
Cuanto me gustaría, poder expresarme, con la fluidez y acierto que lo haces tú , en nuestra bellísima lengua vernácula, que parece haber nacido para la poesía.
Emhorabuena.
Una forma muy original de potenciar y descubrir la riqueza de nuestra lengua Santiago. ¡Enhorabuena!
Un beso. Pilar.
Publicar un comentario
" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"