Vin tantas cousas...

Vin tantas cousas como

o máis ancián dos homes.

Aproveito cada mirada;

un can cun óso baleiro.

Teño visto homes salvaxes

que semellaban bestas.

Noites tiroteadas, superiores

a calquera princesa terrestre.

Pero o ser humano,

suxeito por unha agulla

e pendurado dunha baba,

regaloume tamén momentos.

Onte verei un rapaz gritando

polo seu can latente,

e hoxe estaba co coitelo

observando a poza quente

que non reflectía seu rostro.

Mañá estivo vendendo

a fortuna máis desexada

pola moza máis querida.

Unha guerra por unha moeda

ou por máis de unha,

difícil lembrarse desa

estúpida aresta cuantitativa.

Vin avoas loitando coa fame

e co mesmo Deus por un

infinito de chusco para o neto,

mulleres odiando maridos

por ser perseguidos no monte.

Vin loitos chamando mortos

e nais chorando ser nais.

Vin ao lonxe a felicidade de

quen busca coma un borracho.

 

Pero nin vin nin verei nunca

unha árbore chorando.

 

Ángel Sande Caamaño

Muros (A Coruña)

5 comentarios:

Anónimo dijo...

Graciñas pola túa colaboración. As arbores choran, polo a min parecemr que a resina é a súa "resinacion".
!Vaia tontería dixen!
Santi. Brañas

Pilar García Piñeiro dijo...

Nos sei si as árbores choran ou non, pero si é seguro que viven e morren. Un poema en branco e negro e gris que deixa albiscar un futuro de sombras e escuridade. Non sei si as árbores choran, solo sei que non podemos romper a esperanza de un mundo mellor.

Manoel Xosé dijo...

A veces vemos aquello que nunca quisiéramos haber visto. A veces cerramos los ojos a las desgracias ajenas y a las propias. A veces nuestro mundo, nuestro hábitat, grita pidiendo justicia, clamando ayuda y pasamos de largo y cerramos los ojos para no ver si los arboles también pueden llorar. Un saludo, Manoel Xosé.

Anónimo dijo...

Eu simplemente queria transmitir con eses versos finais o que significa a emoción en sí, a fermosura intrínseca que conleva o puro feito da emoción, que baixo a miña humilde opinión, é a maior grandeza que ten o ser humano. Xa sexan os sentimentos mais detestabeis coma a vinganza, o odio, o resentimento....
ou os máis preciosos, que como todos sabemos teñen como paradigma ao amor.
Saúdos

Pablo dijo...

Pois si querías transmitir esa emoción conseguíchelo. Fai pensar, invita a reflexión.

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.