Tres follas caeron no camiño...

Tres follas caeron no camiño

en tres longos minutos estivais.

Bailaron entre o aire delicado

e pousaron acariciando a area.

Que luces deliciosas no silenzo!

A tarde arroupaba os camiños xa

tendendo o seu manto de agonía

nas pedras quentes e vermellas.

Os profesores perdían esperanzas

no deserto de árbores escuras

e no río manso que se debuxaba.

A música deixara xa de existir;

antesala da destrucción final.

As mulleres non choraban ledicias

e os nenos xogaban a parar o tempo

sinalando o sol coas mans diante.

Fontes de burbullas rían arredor

e as folliñas foron caendo despacio,

tamén as almas caían e recaían

naquel leito precioso e negro

no que o ceo se sostiña tristemente.

A suor da terra inundaba o aire

e os ollos da noite disparaban

balíns de luz na miña alegría antiga.

Xa ningunha persoa miraba a outra

e as pálpebras non subían

por non volver baixar.

As miradas estaban fixas, mortas

e non significaba nada a tristeza.

Neste día todo era importante,

e ninguén había que non se namorase;

a morte mesma trouxo o amor ó mundo

e o amor mesmo matou de novo á morte.

 

Ángel Sande Caamaño

Muros (A Coruña)

 

1 comentario:

FILGUEIRA VALVERDE por Xermán Torres dijo...

Caerán todas as follas. A morte é o que os vivos temos máis seguro, chegará traicioeira sen avisar. Por eso debemos vivir, a pesares de todo, a vida é fermosa. A morte é o misterio; pero é algo consustancial coa nosa natureza.
Grazas por facerme pensar... Poesía e pensamento fannos inmortais.
Xermán Torres

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.