OS QUE ESTAN LONXE

 

 

 

OS QUE ESTAN LONXE


O vento brua lonxano
no xardin as frores
enchen o aire
de cores e cheirumes.
Cortéxanse os paxaros
as volvoretas preguiceiras
non queren voar.
Aló vexo unha anduriña,
os recordos soterrados
saen de súpeto e
os meus ollos
asolaganse en bagoas
regando xenerosas
unha pequena mata de romeiro.
Lixeira a anduriña
achégase a miña fiestra
e póusase nunha ramiña
mírame con curiosidade,
non ten medo ,
parece que entendera
o dor da miña alma
e no seu piar estame a dicir:
¡¡ a volta, a voltar !!


         A.Dulac

1 comentario:

Anónimo dijo...

Boa colleita de versos,moi definido o senso e os dexesos asi coma a tristura dos que estan lonxe.Xoan

Publicar un comentario

" Piensa si lo que vas a decir es más hermoso que el silencio"

Powered by Dhn © 2008-2009 Grupo Brétema • Agrupación Poética Brétema de Vigo • Grupo Brétema
La Agrupación Poética Brétema de Vigo, Se reserva todos los Derechos.